Preocupación na ACP pola posible agrupación de secretarias dos xulgados de paz

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado día 6 presentouse no concello o seguinte escrito:

O día 15 de setembro remata o prazo para que a corporación de Pontecesures emita o informe solicitado pola Dirección Xeral de Xustiza xa que se pretende publicar unha disposición creando as Agrupacións de Secretarías nos Xulgados de Paz de Galicia. Preténdese agrupar as secretarías de Valga e Pontecesures estando a sede en Valga por contar con mais poboación.

Coas agrupacións quérese que haxa funcionarios de xustiza en tódolos xulgados de paz e resolver a problemática dos actuais secretarios como o de Pontecesures que non son funcionarios nin persoal laboral con clara discriminación económica (son denominados comunmente como «idóneos» porque veñen desempeñando a satisfacción estas funcións dende hai anos).

No pleno ordinario de 30.08.06 este concelleiro pregou á alcaldesa en funcións que reunira ós grupos para tratar este importante tema pois os veciños agora están satisfeitos do funcionamento en Pontecesures do Xulgado de Paz co seu Rexistro Civil con atención diaria ó público, pero non foron convocados.

Polo exposto, solicítase, unha vez mais, que se celebre a xuntanza para elaborar o informe consensuadamente, adiantando que a ACP é partidaria de que o noso xulgado non se agrupe có de Valga a efectos da secretaría, pois ten un volume de traballo elevado (cartas-ordes, exhortos, conciliacións, xuizos, Rexistro Civil, etc..). Sería positivo, eso sí, que se solucionase o problema da actual titular da secretaría.

E certo que para facer logo a agrupación efectiva de decidirse (nós dicimos que non) hai que matizar entre os dous municipios e a propia Xunta o funcionamento e a atención diaria. De ser así o criterio da poboación para seren sede non é correcto. Debe primar o volume de traballo de cada xulgado e outros temas como o índice de natalidade, o de construcción de novas vivendas, ó contar con mais axentes de policía local para determinadas dilixencias, etc..

Ademáis debe terse en conta que Valga ten unha poboación diseminada e Pontecesures concentrada pois é un municipio eminentemente urbano. Non se pode facer desprazar a tódolos cesureños que na actualidade acoden a pé ó seu xulgado de paz.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


3 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-09-2006 a las 17:25

Teño informacións de que o alcalde estaba a preparar un informe desta importante cuestión da agrupación de secretarias de xulgados de paz e descoñecía se nos ía a reunir ós representantes dos grupos como solicitou ACP.
Hoxe Maribel Castro, que queda de alcaldesa en funcións, adiantoume que o luns haberá a xuntanza solicitada residida por ela para que se aporten datos por parte dos grupos. Paréceme ben que a alcaldesa en funcións acepte isto e penso que o Sr. Alvarez Angueira non quere nin vernos en xuntanza algunha.

Antonio Cortés · 9-09-2006 a las 18:45

Como pequena ampliación, aqui vai unha pequena definición do que é un Xulgado de Paz:

El juzgado de paz es el órgano de la Administración de justicia que se encuentra en todos aquellos municipios donde no existe un juzgado de 1ª instancia e instrucción.

Es decir, el ciudadano va a encontrar un Juzgado de Paz en aquellos municipios en los que no existe un edificio al que todos conocemos como 11 Palacio de Justicia 11 ,que suele estar ubicado en lugares con una superficie territorial muy amplia.

El Juzgado de Paz presta al ciudadano el servicio más sencillo dentro de la compleja Administración de Justicia

O noso xulgado de 1ª instancia é o que nos pertence pola nosa situación xeográfica e é o de Caldas de Reis.

alberto iglesias · 25-01-2007 a las 18:36

hola mi nombre es alberto iglesias, deseo contactar con algun juzgado de paz de galicia, pues mis abuelos eran de galicia, ahora yo vivo en canarias, pero deseo tramitar la nacionalidad española. si me puede ayudar quedare eternamente agradecido. saludos, gracias

Responder a alberto iglesias Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.