O prezo de reinventala roda

Publicado por Antonio Cortés en

Na anterior nova que ven a contarnos que a «Asociación para o Desenvolvemento dos Vales do Ulla e Umia (ADR) pora en marcha un sistema de información xeográfica (SIG) para a xestión da información turística e territorial de tódolos municipios da comarca», atopamos que hai uns orzamentos de 45.000 euros, eu espero que sexa en grande medida para a introducción de datos, porque non necesitan moito máis, tecnicamente falando.

Hoxe por hoxe, hai algo que funciona e é totalmente operativo: Google Maps, ainda que o nivel de detalle da nosa zona non é o mellor, dache tódalas ferramentas para crear unha web que empregue a súa tecnoloxía, de valde, e cunha facilidade e posibilidades sen limite.

Exemplos de aplicacións web que empregan esta tecnoloxía:

Xerales (a nivel mundial)

* Localización dos maiores tremores dende o 72: Podense ver por zonas, e intensidades, premendo sobre calquera deles amósanos a magnitude exacta e a data.
* Virtual Tourism: Información sobre distintos lugares do mundo.
* Impactos de metoritos: Moi sinxelo, con datos dos impactos, rexistrados, de meteoritos sobor do planeta.

Locais

* Crimes en Dublín: Amosa os feitos criminais acontecidos en Dublín, podendo ver estos entre datas, por xénero, e facilita información (premendo sobre un dos eventos) sobor do acontecido.
* Bilbao.bi: Amosa Comercios, zonas, e fotografías geoposicionadas. Está en Beta.
* Caixeiros automáticos en Holanda: do Postbank
* O tempo en Australia: Premendo sobre calquera marcador, da información completísima das medicións da estación metereolóxica indicada.

Curiosos

* Borat: Localizacións da historia do filme Borat.
* A Terra Media: De Tolkien
* O top 99 de mulleres: Non sei que empregaron para facer esa lista (a orde) pero non deixa de ser outro exemplo:

Exemplos de mapas sinxelos, sin programación ningunha

* Lugares da biblia: Para uso e disfrute de «Vaticanista»

Empregar a API(Application Protocol Interface) de Google non é complicado, toda a documentación está (en Inglés) en: http://www.google.com/apis/maps/

Categorías: Curiosidades

6 comentarios

geoespacial · 29-01-2007 a las 19:15

Estimado amigo:
En palabras do noso querido Valle-Inclán, a súa ignorancia é enciclopédica: abarca tódolos campos. ?, sobre todo, no referente a Cartografía e ós Sistemas de Información Xeográfica.
Ben é certo que google maps da a posibilidade de mostrar calquera tipo de información que teña unha referencia espacial. Agora ben, de eso a poder implementar un portal turístico totalmente gratis…..
Creo que antes de «desinformar» (de maneira penso que non intencionada,sinon por descoñecemento) ós posibles lectores debería navegar un pouco máis e ver algúns casos de portales turísticos na rede.
Un saudo.

Antonio Cortés · 29-01-2007 a las 19:31

estimado amigo geoespacial, o emprego da API de google Maps non é gratis (para grandes usos).

? que indicaba é que tratar de facer SIG dende cero, sen empregar o que xa hai, trocase desproporcionado, en custo e en tempo.

Non trataba de desinformar, senón de plantexar un pequeno debate sobre os feito de «reinventala» roda.

De ahí que plantexaba que ese sistema debe ser máis cercano a un gran arquivo documental que a centrarse (na parte técnica) na visualización no espacio, que é o que plantexaban no concurso.

¿ Poderías aportar algún exemplo de portal turístico cun SIG propio?

P.D.: Chegar atacando non é unha boa forma de empezar. As formas son moi importantes.

Antonio Cortés · 29-01-2007 a las 19:48

Vexamos un par de cousas:

O anuncio PDF

O prego de condicións PDF

O que piden é: OBRA DE ELABORACI?N E IMPLANTACI?N DUN ??SISTEMA DE INFORMACI?N XEOGRÁFICA EN INTERNET? PARA A XESTI?N DA INFORMACI?N TURÍSTICA E TERRITORIAL DA COMARCA ULLA-UMIA.

¿ De onde sacas que é un portal de turismo ? non indican tal. A non ser que saibas algo máis do que ahí se indica.

geoespacial · 29-01-2007 a las 21:49

Hola de novo.
A información que comento sacoa única e exclusivamente do túa primeira aportación:
Segun dis,

«Hoxe por hoxe, hai algo que funciona e é totalmente operativo: Google Maps, ainda que o nivel de detalle da nosa zona non é o mellor, dache tódalas ferramentas para crear unha web que empregue a súa tecnoloxía, de valde, e cunha facilidade e posibilidades sen limite.»

Desde logo, non me negarás que cunha facilidade e posibilidades sen límite e algo exagerado, xa que como ben dis na túa segunda intervención o GM non é gratuito para facer cousas máis grandes. Logo, fecerlle creer á xente que se pode facer algo decente e de valde co GM penso sinceramente que é desinformala.

Respecto ó de interpretar que é un portal turístico, non fai falla pensar mal…..si leemos que se quere un ??SISTEMA DE INFORMACI?N XEOGRÁFICA EN INTERNET? PARA A XESTI?N DA INFORMACI?N TURÍSTICA E TERRITORIAL …eu a eso chamolle portal turístico. Non teño ningún tipo de información, non sexas mal pensado.

Agora ben, despois de pedirche disculpas por si te sentiches ofendido pola miña primeira intervención, teñoche que dicir que a forma de expresalo (na miña opinión) na túa segunda intervención pareceme moito máis acertada e incluso coincido en parte:

«? que indicaba é que tratar de facer SIG dende cero, sen empregar o que xa hai, trocase desproporcionado, en custo e en tempo.»

Por último, cando te refires a un exemplo de portal turístico cun GIS propio queres decir con software comercial ou de código aberto???

Un saudo

Antonio Cortés · 29-01-2007 a las 22:40

Boas,

Sen límite, viña polos exemplos que se poden atopar, referíame ás posibilidades de facer moitas cousas (nos as de sempre), só cun pouco de imaxinación podense acadar cousas diferentes, un exemplo de esas mashups feitas, con imaxinación, e empregando ese motor e:

http://www.middle-earth-map.com/ ? moi cutre pero é so un exemplo.

Sobre todo, viña indicado, porque está a engadir moitas cousas, orixinadas na compra de máis tecnoloxía por google coma a merca de http://www.endoxon.com/

Sobre algo decente, que non de valde (que o traballo ten un custe), feito con esos recursos:

Unha base de datos de mestres, e a súa localización no mapa, orixinal e funcional:

http://tutorlinker.com/

Cando pedía un Portal turístico cun GIS, referíame calquera GIS, independientemente de quen o desenrolase ou a tecnoloxía que empregase.

Non só existe GM, tamén está, entre outros: Yahoo Maps, e un exemplo, moi bo por certo e o seguinte:

http://www.kennedy-center.org/explorer/shakespeare/ Premendo sobre «Launch Site», podemos ver unha timeline da vida de Shakespeare e a súa posición no mapa (de cada un dos eventos), empregando a tecnoloxía de Yahoo Maps con flash chamando a un webservice.

No caso dun portal de turismo, que parece ser o caso ¿ Que tipo de información cartográfica se necesitaria, máis alá da posición lonxitude, latitude de determinados lugares ou obxetos ? E logo unha representación gráfica, sinxela para o común dos mortais.

Son dos que pensa que as cousas deben facerse sinxelas e logo irlle engadindo as cousas, que de primeira man, non son tan importantes aportando valor engadido ó proxecto.

De GIS, pouco sei, máis alá do que podo saber de mesturar xeografía e matemáticas, pouco máis que saber que o custo máis alto sempre está na captura de datos, xa que necesita de moito equipo humano, o tratamento logo non é tan complicado (hai moitas ferramentas, e algoritmos moi trillados).

En resumo: Estou acostumado a mercar, na empresa, licencias de software, servicios, e productos que triplican o valor de ese orzamento, e todo mercase tras analizar o rendemento final, a medio plazo, da solución. Dentro do mundo da informática e as novas tecnoloxías aprendín que eso de que «nada é imposible» é falso, nunha empresa «Imposible» é sinónimo de «Economicamente inviable».

No caso de este proxecto, vexo algo desmesurado o que queren e porque o queren. De ahí que indicase que esperaba que gran parte, senón caseque toda, fose a documentación dos recursos turísticos, e o do GIS fose algo secundario.

Un saudiño

geoespacial · 1-02-2007 a las 13:47

Hola de novo.
Bueno, creo que no fondo estamos de acordo en moitas cousas. Eu tamén penso que, tecnolóxicamente hai moitas solucións viables e que os datos (sin duda) son o máis importante dun proxecto deste tipo.
Poñendo un exemplo na liña de GM que ti mencionabas, podería estar ben algo como:
http://www.deasturias.com/.
Aqui o soporte cartográfico está solventado coa cartografía de GM e o número de recursos e abundante. Pareceme unha páxina vistosa (ainda que un pouco farragosa para navegar).
Outro exemplo co cal eu supoño que se sentirán máis identificados como portal turístico:
http://www.comunitatvalenciana.com/mapaturist/plantilla_mapa.htm
Son so exemplos a nivel nacional, que navegando un pouco máis encontras verdadeiras maravillas.
Bueno, en todo caso, os 45 mil euros non me parece un presuposto excesivo.
Douche a razón nunha cousa, si eso é o que tratabas de expoñer na túa primeira intervención: Tal vez é millor invertir o diñeiro en facer unha boa recopilación de información e documentación gráfica que apostar por unha tecnoloxía «da hostia» que ó final non se vai poder nin pagar nin manter.
Por último, un exemplo do que é destrozar as posibilidades de promoción que pode dar un SIX.:
http://gis.riamuros-noia.org/
Saudos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.