Escrito de Sabariz ao alcalde sobre a actitude do responsable local do BNG.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 8,45 da mañá do día de hoxe atopábame na Casa do Concello cumplimentando un escrito sentado nunha mesa preto da ventanilla do rexistro de entrada e apreciei que estaba vostede nas oficinas acompañado do traballador do servizo de obras do concello D. Xurxo Gerpe Jamardo. Ainda no recinto e cando ía a saír vostede acompañado do citado traballador escoitei a éste, en clara referencia a este concelleiro, dicindo en alto «QUEDA SENTADO AÍ ESE PARVO» frase que tamén foi escoitada por vostede pois ían xuntos.

Resulta realmente grave que un traballador do municipio, no interior da Casa do Concello, en horario de traballo e en presenza do Sr. Alcalde se dedique a provocar e a faltarlle ao respecto a un representante elixido polos veciños dicindo groserías con evidente mala educación.

Isto non se debe consentir de ningún xeito por moito representante local do BNG que sexa o Sr. Gerpe Jamardo. A institución municipal está moi por enriba destas desconsideracións que non conducen a nada. Xa tivo que soportar este concelleiro outras provocacións nas rúas por parte deste traballador por cumprir simplemente as obrigas como concelleiro da oposición e agora segue a molestarme na propia Casa do Concello.

Polo exposto, prégase que como xefe de persoal do concello se adopten as medidas oportunas polo sucedido.

Pontecesures, 1 de decembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.


3 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-12-2006 a las 13:05

Despois de publicarse un resumo deste escrito no Diario de Arousa. no mesmo xornal aparece o seguinte:
«»»ES FALSO, DICE EL ALCALDE.
Por su parte el alcalde, Luis Alvarez Angueira, asegura que las acusaciones de Sabariz «son falsas» al considerarse que no se produjeron insultos. El primer edil cesureño señala también que «el tamén pasa moitas horas cunha traballadora do Concello poñéndome a pingar» y se pregunta si quiere que tome represalias contra ella. Esta polémica supone un nuevo desencuentro entre el concejal de ACP y el alcalde de Pontecesures en un momento en que la situación política del municipio vive una situación crispada.»»»

O alcalde pode considerar a frase como un insulto ou non. O que non pode dicir é que a acusación sexa falsa porque foi o principal testemuña dos feitos.
Por suposto que eu falo con traballadores e traballadoras do concello. Parece que non lle gosta ao alcalde e nos sae con esta pataleta. Só faltaba que encargara cámaras de video ou grabadoras para saber do que falo. Repugnante a velada amenaza que fai aos empregados municipais referíndose ás represalias. Vedes como opinar e levarse ben cos membros da oposición e perigoso para os traballadores do concello de Pontecesures. Por hixiene democrática e para que se respecte a liberdade de expresión hai que loitar a fondo co fin de que rematen estas prácticas no noso pobo.

Moscón · 3-12-2006 a las 22:34

Isto quéntase aínda que falta bastante para as eleccións. Vai necesitar máis os escoltas Sabariz que Maribel «a da Escola». O responsable do BNG vai ir como sempre de hooligan e desafiando.
Maribel aínda que me denunciaches non me esquezo de ti. Estou esperando que contes aquelo das ameazas de morte que tiñas por facer cumprir a legalidade. Non me fagas rir. Non entendo como dis ti iso, cando permitiches formando parte do goberno do PP que aquel concelleiro, que logo te apoiou para facer a túa lista independiente, fixera no Agro de Muiño un chaleciño de planta baixa en lugar do galponciño solicitado. E Angueira e Fernando o Parracho que eran da oposición mirando para o outro lado. Neste tema «tutti contenti»

Flor · 4-12-2006 a las 16:56

Feo detalle del barbudo. Es significativo, el BNG de Cesures pierde los nervios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.