Angueira repite, por quinta vez, como candidato del Bloque en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

bng1.jpgO consello comarcal do BNG celebrado onte en Pontevedra ratificou a proposta da asemblea local de nomear a Manuel Luís Álvarez Angueira como candidato á alcaldía en Pontecesures. Será a quinta ocasión que concorre como cabeza de lista e o fai co reto de acadar a maioría que lle permita gobernar sen depender de pactos con outras forzas políticas.

Actualmente goberna nun bipartito de cinco concelleiros dun total de once da corporación, co que nin sequera foi quen de sacar adiante o orzamento do 2006.

«Espero dunha vez por todas obter a maioría que me permita non depender das chantaxes dos grupos minoritarios nin dos caprichos persoais duns poucos. Agora estamos conseguindo investimentos para Pontecesures, pero teriamos máis se puideramos aprobar os orzamentos municipais. Eu estiven moitos anos na oposición e sempre mirei polos intereses xerais», reflexionaba onte Angueira tras facerse oficial a súa elección como candidato.

Neste sentido, subliñou que a súa candidatura foi referendada unanimemente pola asemblea local e evitou entrar a valorar o panorama electoral nin avanzar detalles sobre a lista do Bloque para as municipais de maio.

Sobre o que si quixo pronunciarse onte o BNG de Pontecesures se refire á acusación realizada hai dous días polo concelleiro da ACP, Luís Sabariz, en relación a unha suposta contratación «a dedo» de dous peóns.

«En ningún momento as contratacións foron ilegais, se aplicou un criterio de selección baseado na valía e dispoñibilidade da xente a empregar. En calquera caso, os criterios de contratación son os mesmos que se aplicaban cando el (Sabariz) pertencía ao goberno», sinala o Bloque non sen antes aludir ás ansias de «desmesurado protagonismo» do que vai ser o candidato do PSOE nas vindeiras eleccións.

:: La Voz de Galicia ::


1 comentario

Paspallás · 4-03-2007 a las 18:03

A ver quen acompaña ó cadaleito cando saia o do xulgado. Este BNG está a tomarnos o pelo os cesureños propondo a un persoeiro coma este, si non teñen un candidato mellor van apañados, repítese a istoria: Alí Babá, os 40 ladrons, Xurxo Gerpe e Angueira.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.