Asociación de Empresarios dos Vales do Ulla-Umia (AEVU)

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Agrupa esta asociación a 120 empresarios dos concellos de Caldas, Cuntis, Valga, Catoira, Moraña, Pontecesures e Portas.
Presidida por Andrés Quintá, naceu co novo milenio para defender e dar resposta ás necesidades das empresas da comarca.

SERVICIOS DE AEVU

* Información puntual
* Asesoría Fiscal, Xurídica e Laboral
* Asesoramento en Prevención de Riscos Laborais
* Departamento de formación e teleformación (tutor on-line)
* Axente de emprego
* Asesoramento a emprendedores
* Bolsa de traballo
* Representación
* Convenio con BATA
* Convenio coa Universidade de Santiago

MEMORIA DE ACTIVIDADES

# Premios AEVU 2006 no Hotel Balneario «La Virgen» en Cuntis, aos que asistiron máis de 150 representantes do mundo empresarial así como diversas autoridades da Xunta de Galicia.
# Seis cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Consellería de Traballo nos que participaron 156 alumnos.
# Xornada sobre «Axudas, Subvencións e Deducións Fiscais en Proxectos I+D+I.
# Xornadas sobre «A Rede, unha ferramenta de traballo».
# Visita a BRILAT en Figueirido, para informar das distintas saídas profesionais que ten unha carreira militar.
# Seminario «Cómo crear unha empresa».
# Xornadas sobre «Cultura preventiva e orientación laboral».
# Xornada sobre «Protocolo e Sucesión de empresas familiares».
# Xornada sobre «Cómo adaptar unha empresa á Lei Orgánica de Protección de Datos».
# Charla informativa sobre «Cómo ser emprendedor».
# Curso de iniciación ó galego.
# Cursos de elaboración de centros navideños.
# Distintos seminarios.
# Impulso da teleinformación coa participación de 127 alumnos en varios cursos que dende a Asociación se ofertan a distancia.
# Información e participación sobre cursos do PLAN FIP 2006.
# Ampliación da bolsa de emprego que posúe a Asociación e que actualmente conta con 301 persoas.

Para recibir máis información sobre o desenvolvemento deste Plan Formativo que se realizará dende AEVU poden contactar coa Asociación a través do número de teléfono 986-540759.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.