En lugar de asistir ó pleno ordinario o ex alcalde asiste o aniversario do semanal «Tierras de Santiago».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O luns día 24 de setembro ás 21 horas tivo lugar o pleno ordinario da Corporación, e ese mesmo día as 20 horas celebrouse en Santiago o primeiro aniversario do semanario «Tierras de Santiago». Por cumprir coas miñas obrigas coma concelleiro no pleno, foime imposible asistir ó acto celebrado en Santiago para o que estaba convidado. Con sorpresa observo, unha vez máis, que o Sr. Alvarez Angueira, que faltou ó pleno, prefire este tipo de actos en lugar de representar ós veciños de Pontecesures no pleno da corporación. Dende logo considero censurable esta actitude do ex alcalde.

tierrasdesantiago.es/galeriasImagen.php?idMenu=56&idGaleria=1408&pag2=17

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN


11 comentarios

basta · 2-10-2007 a las 23:54

Iso pásavos por non pór canapés nos plenos. Moi boa Sr.Sabariz. Estou totalmente con vostede.
Tome nota dos canapés.

Tuso · 3-10-2007 a las 17:56

Por suposto que é unha actitude censurable, pero el sabrá porque o fixo e terá claro as súas prioridades.

O que non me creo é que sexa unha sorpresa para ninguén, á vista de que na súa derradeira etapa como alcalde tampouco era moi dado a asistir aos plenos que el mesmo debería presidir.

Antes de convocar o próximo pleno, estaría ben que os da corporación comprobaran que non coincida con outro acto importante (un especial dos «Lunnis» ou algo así) para que este home non se vexa na obriga de ter que perderse un pleno mais ;-).

De tódolos xeitos, fora bromas, parece ser que houbo mais ausencias que a súa nese pleno.

UROROCK1 · 3-10-2007 a las 19:12

Tuso vexo que vostede está acertado. Tamén fallaba maís concellais nese pleno. Sabariz so se debeu acordar do exalcalde, por que é como él, pero non se lembrou do seu compañeiro transfuga como él, o señor Alfonso. Para qué se ia lembrar, como de momento van sobrados. Sr. Sabariz ahi que predicar co exemplo non ser demagogo. A vostede iso dáselle ven, o que ten que facer vostede igual que o Sr. Angueira é deixar a Politica. Un por a súa cuñada e o outro por os seus amigiños. Aos dous importavos un Caralloooo…. PONTECESURES, sodes iguais so mirades para o voso embigo. Tendes pouca altura para este POBO. Deixadeo xaaaaaaa…. tendes á xente e aos veciños fartos dos vosos egoismos e acomplexamentos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-10-2007 a las 20:15

O comezar o pleno anunciouse que o Sr. Diz non podía asistir por razóns de traballo (garda médica). Parece que non recibiches ben, «UROROCKI», a nova de que o Sr. Alvarez Angueira fallou ó pleno preferindo ir a un acto social (con proba fotográfica incluída) e así, en lugar de valorar o feito, adicaste a soltar improperios contra nós. Parece que, de novo, quérese confundir todo matando ó que da a nova. Opina home (ou muller):¿A ti pareceuche razoable que o ex alcalde non se presentara na sesión para cumprir coas súas obrigas de concelleiro, e fora a ese acto social?.

Terabyte · 3-10-2007 a las 22:58

¡A ver! ¿pero no tienes otra preocupación?, no me digas que estuviste investigando la razón de la ausencia del Señor Angueira al Pleno del día 24, ¡¡me das miedo!!; si no asistió ¡perfecto!, él sólo se desacredita al no cumplir con su obligación.

¡¡Joder, preocupante lo tuyo, ehh!!

Paspallas · 3-10-2007 a las 23:43

Pero a que carallo iría a ese acto angueira, pola foto vexo que o meteron atrás na zona de galiñeiro, amiguiños o poder remata…
Vemos de novo a Sabariz de caza e me dixeron que vai volver a carga…angueira o calvario continúa hasta na oposición…

UROROCK1 · 4-10-2007 a las 15:01

Sr.Sabariz para a vida politica de Xexures pareceme tam grave a falla do exalcalde ao pleno como a non asistencia do señor Alfonso. Ou non sabia que a politica é asi. Ou se dedica á mediciña ou á politica. E vostede e un pouco cargante ou non tem maís que facer q perseguir á xente. Un saudo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-10-2007 a las 17:27

Mira, «UROROCKI», eu non persigo a ninguén. Non lle din importancia, nun principio, á ausencia do voceiro do BNG no pleno do 24 de setembro. Anuciouse pola presidencia que non podía vir, e daquela ignoraba por completo as razóns.
A miña sorpresa veu cando apareceu nos medios que estaba nun acto social á mesma hora. Isto denota que «pasou» do pleno, dos compañeiros da corporación e dos veciños. Por iso fixen a crítica. Se ti non lle das transcendencia algunha, poi é a túa opinión.
En canto a ausencia da Diz, xa quedou explicada a causa. E certo que está limitado de tempo, pero non me corresponde a mín dar máis explicacións. Dende logo eu non teño novas de que non viñera ó pleno por outra causa que a detallada na sesión. Se ti coñeces algo, pois informanos a todos.

Tiroliro II · 5-10-2007 a las 19:13

Fastidiou moito nas filas do bloque de cesures que angueira non fora o pleno porque non lle saleu dos huevos, penso que algún concejal do BNG nin o sabía e enterouse polos medios….mal rollo queda
Teñen que mover o banquillo pois con angueira enmerdado por todas partes, que vai decir este home no pleno? Van lle sacar follóns por todas partes…veredes…

Cara de cona · 5-10-2007 a las 20:11

Si Tiroliro hai mosqueo en todos os superiores do bloque porque angueira xa está a facer o vago como sempre, non vai cambiar agora de repente, que esperaban…

pachochita II · 11-10-2007 a las 20:21

Angueira ó pleno non fora,
estaba de carallada
esto é propio desta persoa
¡ cenaría empanada!

Sabariz investigoucho
outro gol que che meteu,
deixoute coma un Pinocho
Teniente Colombo dirialle eu.

Dache leña dende hai anos,
inda que penses que non afecte,
cada vez quedan menos parvos
que ven a auga no leite.

Os vecinos van vendo
o ??gran político?que eras
agora vente no inferno,
ou remando en galeras.

Sen cargo, foi merecido,
por creerte mais que ninguén
agora estás aburrido
¡ Colle a moto e ponte a cen !

Na foto saes no acto,
menosprecias o teu cargo,
pensao por un rato,
dimite e deixa paso.

Cando o deixes serás libre,
verás cantos amigos tes,
poderás ir ó cine,
sen aturar a ninguén.

Xente hai preparada,
para o teu posto de lider
haiche xente estudada,
e que en Cesures vive.

Os dictadores acaban
soios e sen amigos,
creen que nada remata
e so ven enemigos.

Eras cronista do pobo?
estarias pedindo traballo?
pois o pleno foi un estorbo,
haber movido o calendario.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.