Lidia Gallas: «O mellor da radio é o contacto coa xente»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Entrevista en 3 minutos con Lidia Gallas, locutora de Radio Valga e pandereteira.

Moita xente das ribeiras do Ulla coñece de vista a Lidia Gallas, pero é moita máis a que recoñecería a súa voz en calquera lugar, xa que traballa como locutora en Radio Valga. Ademáis é veciña de Cordeiro, onde vive desde que tiña dous anos e medio, xa que naceu en Vigo.

¿Como chegou a ser locutora de Radio Valga?

Todo foi pura casualidade, no sentido máis literal. Necesitaban a alguén e falando co director, propuxéronmo. «E se probas?». A min gustábame, pero tampouco sabía se ía valer. Iso foi un sábado e o luns fixen a proba (tiña que levar catro cancións e presentalas) cunha voz de durmir pouco, pero colléronme.

¿ Canto tempo hai diso?

Pois debe haber catro ou cinco anos. O tempo pasa moi rápido¡

Porque vostede non ía encamiñada ó mundo da radio, non?

Non, estudei Educación Infantil.

Imaxino que pretendería preparar unhas oposicións…

Non, non. Oposicións non, porque non podería a nivel persoal. Tiña pensado buscar traballo nunha gardería, no ensino privado…O da radio sempre me gustou, pero non sabía se ía valer.

E agora vese moi contenta. Que é o que máis lle gusta do traballo?.

O contacto coa xente. � principio dicíanme pola rúa «ai, non sabía que eras ti». Antes ó era en Valga, pero logo pasoume en Cesures, en Padrón.. Unha vez ía por Padrón, escoitei a miña voz nunha cuña e fíxoseme moi estraño. Agora xa estou acostumada.

Algunha anécdota curiosa?

Unha media declaración amorosa por teléfono. Pero logo entereime que non era a única.

Entrevista de Chus Gómez. DIARIO DE PONTEVEDRA 18/10/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.