Chamada ó entendemento dos concelleiros non adscritos ás forzas políticas sobre o tren de cercanías.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Ante as últimas novas sobre este tema (manifestación de colectivos, debates no Parlamento de Galicia, etc..), os concelleiros non adscritos de Pontecesures (Luis Angel Sabariz Rolán e Alfonso Diz Villar) queremos facer un chamamento a tódalas forzas políticas para que se valore a necesidade de manter e potenciar o tren de cercanías pola vía actual entre Santiago e Vilagarcía. Pouco importa agora de quén parteu a iniciativa ou quén aporta máis argumentos (todos somos coñecedores disto). O fundamental é conquerir un servizo en beneficio de tódolos cidadáns da comarca.

Os concelleiros non adscritos queremos salientar que as xestións dos concellos de Catoira, Valga, Pontecesures e Padrón na defensa dese traxecto seguen adiante. Despois de aprobarse a moción no Concello de Padrón, será debatido o texto conxunto polo pleno do concello de Valga o videiro luns día 5 de novembro.

Pontecesures, 1 de novembro de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar


5 comentarios

xiana cores · 3-11-2007 a las 17:12

Que nos quere decir con esto señor Sabariz.O mellor estanos a pedir respeto para vostede e mais o seu camarada o medico.Que pasa que dase de conta que despois da que fixo ninguen lle fai caso.Pois xa era hora de que empezase a pagar as consecuencias.Agora sera co tren e despois con outras propostas que faga.Non ten a onde arrimarse.Xa que politicamente vostede non existe.Unicamente que empece a pedir axilo politico no PP.Intenteo igual lle fan caso.Xa que e nun partido no que todo vale.

SanXulian · 3-11-2007 a las 19:03

O de que politicamente non existe o señor Sabariz é unha opinión, posiblemente o BNG desexaría que «efectivamente non existira».

Cara de cona · 3-11-2007 a las 19:17

Tamén penso que sabariz esta queimado e debe abandonar a política…pero doulle as gracias porque mantén a vidilla no pobo e nesta páxina,,e un libro aberto e publica todo ainde que lle chamen o que sexa,…que comparación cos tapados do bloque e de angueira…
cesures non te quere sabariz…vaite,,,pero tamén digo que vai tardar en olvidarte….

charly · 3-11-2007 a las 20:26

A xiana xuliana descansa 4 anos.Perdechedes, recordas.
Non defendo a Sabariz,pero volver pola tropa de pepa a loba que son os do BNG.E falo como votante que son,
menos nas locales limpeza tamen no BNG local xente nova, sin ataduras.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-11-2007 a las 21:54

Como no xogo dos submarinos, os non adscritos quedamos tocados, pero aínda non fomos afundidos, «xiana cores». Estamos a traballar para a defensa do tren con toda a ilusión. Mira, as veces, para tomar iniciativas nestes temas é mellor non ter moitas ataduras ós partidos. Lembra aquilo que dí: «O boi só ben se lame».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.