Contestación dos concelleiros non adscritos ó Sr. Alvarez Angueira sobre subvencións deportivas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Despois de denunciar a perda dunha subvención de 3.000 ? para instalar un pequeno pantalán no peirao en 2006 para facilitar ó acceso dos piragüistas do Club Náutico ó río Ulla, e que en 2007 non se solicitaron subvencións ó abeiro da orde que convocaban axudas para os concellos en materia de instalacións deportivas, o alcalde anterior, Sr. Alvarez Angueira, arremete contra nós cualificándonos de incompetentes e ineptos.

Queremos respostar a estas acusacións comunicando á opinión pública o seguinte:

1-O Sr. Alvarez Angueira xustifica a perda da subvención do pantalán por falla de consignación orzamentaria para afrontar a achega municipal (o orzamento do pantalán era de 4.205,67 ?, e así o concello debía aportar só 1.205,67 ?) responsabilizándonos de non aprobar os orzamentos do concello.
Pois ben; minte o ex alcalde, porque nos orzamentos rexeitados de 2006, non figuraba este investimento, e así chegamos á conclusión de que aínda que fora aprobado o documento económico, a subvención estaría igualmente perdida. Pero é que nin sequera se tomou a molestia de ordear unha sinxela transferencia de crédito de 1.205,67 nos orzamentos prorrogados para poder instalar o pantalán.

2-Sorprendentemente, o BNG de Pontecesures manifesta que non solicitou as subvencións deportivas en 2007 porque tiñan proxectos «ó grande», e pasaban destas pequeneces. Fixemos xestións na Dirección Xeral de Deportes, e alí non hai constancia administrativa algunha de convenio ou proxecto de Pontecesures. As ideas quedaron na mente dos nacionalistas cesureños e de algún outro cargo do BNG. Típicas verbas de campaña que logo se quedan en nada. Como consecuencia desta irresponsabilidade agora non temos nin axudas «grandes» nin pequenas.

3-De tódolos xeitos, o ex alcalde podería pasar polo concello para explicarnos en que fase de tramitación están os «grandes investimentos» para retomar as xestións. Os antecedentes non animan moito, porque con ocasión da obra da amplicación do acceso á Toxa (actuación de Medio Rural) o alcalde anterior foi convocado para aclarar algúns aspectos da obra, pero non compareceu, dando a calada por resposta. Sería bo que nos contara porque esa obra comezou o 22 de maio, cinco días antes das eleccións sen adxudicación e sin solicitar Medio Rural as consultas ós contratistas.

4-Por moitas voltas que se dean agora, o lamentable foi que, pola desidia do BNG, perdeuse a subvención e os rapaces do Náutico quedaron sen pantalán.

Pontecesures, 10 de novembro de 2007

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN
ALFONSO DIZ VILLAR


4 comentarios

O Rei · 11-11-2007 a las 13:52

Parece que o Goberno local actual (en particular estes dous ex-PSOE) está máis centrado, moito máis, en descalificar e demostra-los chanchullos e malfaceres do Goberno anterior que en resolve-los problemas actuais.
Céntrense por favor en facelo ben HOXE, e non vivan anclados no pasado. Se queren realmente demostrar o malos que eran os anteriores, fágano CON FEITOS, provocando a comparación.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2007 a las 14:39

Hai que facer as dúas cousas, «O Rei». Non esquezas, que fomos considerados polo ex alcalde, nada menos, que como enimigos do deporte diante dos deportistas e dos pais. Con tal de manterse no poder valía todo, e agora eses mesmos destinarios das mensaxes nacionalistas deben coñecer a verdade do pantalán. Xa está ben de escoitar a cantinela: «Non me deixan facer nada», «son enimigos do deporte e do pobo», «hai que conseguir maioría para que se poidan facer cousas». Foi duro, «O Rei», foi duro.

xiana cores · 11-11-2007 a las 17:41

Sr Sabariz e Diz vostedes suponse que estan nun goberno tripartito creo recordar.Xa que da a impresión de que van por libre totalmente.A verdade e que lle queda de maravilla o encabezamento das notas co de concelleiros non adscritos.Que opinaran o resto dos seus compañeiros de goberno da sua forma de actuar.Porque vostede parece a Preisler de anfitrion en todalas festas.Dan moi mala impresion.O resto dos partidos non existen.Non sabemos nada deles e temos o señor Sabariz actuando como se fose o alcalde.Que pasa rompeuse o amor dentro do trio.Ou e que o seu afan de protagonismo pode con todo.E os demais a que se dedican a cobrar por amor o arte.Que sepa que o seu non e facer politica so se dedica as descalificacions cada dia parecese mais os politicos do PP que e o unico que se dedican.Parecen vostedes Acebes e Zaplana.Non tera pensado darnos a sorpresa e cambiarse de partido.Xa que parece que esta indo a clases particulares.Dediquese a traballar e a facer cousas xa que ainda non fixeron nada.Deixe de criticar todo en xeral porque o unico que parece vostede e un COTILLA.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-11-2007 a las 19:46

Nin trío, nin amor, nin Isabel Preysler, nin historias. Os concelleiros non adscritos, «xiana cores» criticamos feitos concretos: 1)Que pola ineficacia do ex alcalde perdeuse o pantalán para os rapaces do Náutico a finais de 2006, 2)Que o goberno do BNG, en maio-xuño de 2007, non solicitou á Xunta subvencións deportivas ó abeiro dunha Orde no DOG que as convocaba.
¿Tes algo que opinar sobre este tema? ¿Coñeces tí as causas? ¿Considéralo razoable?.
Que me chames cotilla, que digas que mando como se fose o alcalde, pouco importa. ? escribir por escribir, sen dato nin argumento algún.
Ah¡ os concelleiros non adscritos non temos intención de ir a ningunha bola. Faremos o que poidamos en beneficio desta vila. Para iso nos presentamos ás eleccións.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.