Sabariz y Diz se desmarcan de la «mutilación» de las guías turísticas

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA ÍNTEGRA ENVIADA POLOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS A T?DOLOS MEDIOS DE COMUNICACI?N NO DÍA DE ONTE.

Pouco antes do inicio da pasada campaña electoral para os comicios locais, foi presentada e logo distribuida polos domicilios de Pontecesures, unha Guia Turística que foi redactada coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo da Conselleria de Innovación e Industria.

Esta distribución foi criticada por estos concelleiros ó considerar electoralista, por aquelas datas, que vira a luz unha guían na que ían impresos saúdas do conselleiro nacionalista, fernando Blanco e do ex alcalde e candidato, tamén nacionalista, Manuel Luis Álvarez Angueira. Foi un acto claramente ventaxista do BNG para influir no voto dos cesureños en favor dos seus intereses.

No pleno celebrado no día de onte, os concelleiros nacionalistas da oposición denunciaron a circunstancia de que dos exemplares da guía fora arrancada a páxina na que aparece o saúda e a fotografía do ex alcalde. Realmente pareceunos insólito este feito, xa que a pesar da nosa crítica exposta anteriormente, non comprendemos o feito de que se «mutile» unha guía que se entrega nas oficinas municipais. O documento turístico débese entregar íntegro e non cunha folla arrancada.

Unha vez comprobada a circunstancia en varios exemplares, comunícase o seguinte:

1-Que os concelleiros non adscritos somos completamente alleos a estes feitos e non entendemos estas prácticas burdas que non conducen a nada.

2-Que imos solicitar que sexan inmediatamente retirados os exemplares «mutilados» da guía e se poñan a disposición dos interesados os completos.

Pontecesures, 27 e novembro de 2007

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN
ALFONSO DIZ VILLAR


5 comentarios

xiana cores · 29-11-2007 a las 20:39

A nota sera só do sr Sabariz xa que o sr Diz como en outras ocasións esta desaparecido.Vai nas listas con Sabariz non se sabe para que.Xa que non volveu polos plenos do concello nin polas comisións correspondentes.Digame ¿para que se presenta vostede?.Supoño que para facer bulto porque xa vemos que para outra cousa vostede non vale.Pero bueno siga asi que a verdade a politica deste concello esta moi ben sen vostede.Ademais o Sr Sabariz esta moito mellor cando non o ten a vostede cerca.Parece que lle da malas vibracións.
Quedese na casa que esta moi ben onde esta.Deixenos en paz e non lle coma tanto o tarro a Sabariz que despois solta barbaridades por esa boca.

manolo · 29-11-2007 a las 21:34

Pobre Angueira…

A sacapieles pensa que esta en infesta matando polos e cortalle a cabesa!!!

ja ja ja
ven navida!
ela pon o capón
e o tesorero o coñac!!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-11-2007 a las 21:41

Mira, «xiana cores», Alfonso Diz ten agora moito traballo (só con ler as novas que saen do Hospital do Salnés danse un conta) e gardas casi cada dous días. A nota que fixemos claro que é conxunta, e tratamos ámbolos dous as custións municipais practicamente á diario.
O meu compañeiro Diz da sempre bos consellos e non lle «come o tarro» a ninguén.

basta · 29-11-2007 a las 22:00

Non Manolo, pensa que está a lavar a lechuga, e arrancalle as follas malas.

Todo o mundo sabe que Diz foi na lista para votarlle un cabo a Sabariz para axudar a sacar do medio a Angueira.

pandorcas · 2-12-2007 a las 19:55

todos sabedes moito pero ao final ninguen sabe nada de nada non sodes quen de levar un tema ata ao final todo o dexades a medio fafer da noxo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.