El BNG considera que la Tesorería de Pontecesures está abandonada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El Bloque ha recibido también quejas de los vecinos que aseguran que actualmente se les están cobrando recibos de la guardería municipal de hace cinco meses. La formación non entiende como es posible que, teniendo un concejal liberado (el lider del PP, Rafael Randulfe) para que se ocupe de la Tesorería, esta «se atope neste estado de abandono, preocupándose máis polas facturas da lexislatura anterior», que por tener al día las cuentas de este ejercicio.

LA VOZ DE GALICIA, 09/03/08


23 comentarios

xiana cores · 10-03-2008 a las 16:44

Home Sabariz non vas a comentar nada o respecto desta noticia.So arremetes contra os do BNG cando che conven.
A tesoureria deste concello non e que funcione mal e que non existe.Ademais debeuse de trasladar o Galicia sin que nos desemos de conta xa que o tesoureiro polo concello non aparece.
Este señor pensades que e merecedor de cobrar o soldo que cobra polo traballo que non fai.
Levaba dende o mes de outubro sen pasar un recibo da garderia e agora pasa 3 de golpe.Uns o dia 29 outros o dia 1 e outros o dia 3.O que deberian de facer os pais e non pagarllos xa que eles non teñen porque facer ese pago todo xunto porque este señor sexa un deixado.
Tamen os traballadores do concello levaban sen entregarlle as nominas dende outubro e tiveronlle que ir a poñer as pilas para que llas deran.
Non tes nada que comentar ou e que como e compañeiro teu no goberno calas a boca porque non che interesa falar del.
Preocupate polo que fan os que gobernan contigo e deixa os demais en paz.Creo que che sobra con mirar as que che estan facendo sin que te enteres.

Pepe de San Xulian · 10-03-2008 a las 17:38

Pero xiana que ten que ver Saba con isto, ataca o tesoureiro, e deixa en paz os demais que pasa o pobre Saba ten que aguantalo todo?

xiana cores · 10-03-2008 a las 18:03

Claro que ten que ver xa que forma parte do goberno no que esta este tesoureiro.E sabes porque ten que aguantalo todo porque el e o primeiro en atacar a todo o mundo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-03-2008 a las 22:00

Eu non son o voceiro do goberno, «xiana cores». ¿Que non estás de acordo co funcionamento da tesourería? Pois ben, recollo a crítica e tratarei de expoñelo nas reunións do goberno local.

DON PEPITO · 28-03-2008 a las 16:59

Porque será? Nunha empresa pribada cando una persoa non fai ben o seu traballo votano, e nas empresas publicas non. Deberia de ser igual.Non? Estar pagandolle un sueldo a una persoa por non fai o seu traballo, non é xusto con tanta xente no paro.
Sr. Sabrariz usted como membro do equipo de goberno.Deberia tomar nota, e informar a persoa que corresponda para que tome medidas.

sobreiras · 30-03-2008 a las 17:26

E pagarlle o soldo de Educación a un profesor que non asiste a darlle clase aos seus alumnos e que por riba tampouco fai nada coma Alcalde do seu pobo, tampouco está nada ben. ¿Non vos parece?. Pero quen o permiteu tamén e culpable.

DON PEPITO · 31-03-2008 a las 08:55

¿Que me estas decindo Sr «sobreira»?Que como se permiteu eso que di,(que por otra parte, no depende do axuntamento seno de Educación) se permita tamen esto.

ROLAR · 31-03-2008 a las 11:46

A deixadez ca que actúa o señor Randulfe e incríble, tanto no caso dos empregados municipais como no dos recibos da escola infantil e quen sabe en que outros casos. Xa sabemos que o Sr. Sabariz non é voceiro do goberno municipal. Pero cando fai pouco perdeuse una subvención para empregar a xente do concello, por culpa tamén da falta de profesionalidade do Sr. Randulfe, faltoulle tempo para disculpalo e tratar de dar algunha explicación ao sucedido? ¿por qué agora non o fai? ¿xa empeza a estar farto dos seus compañeiros de goberno? ¿é demasiado chollo facer constantemente de apagalumes?

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2008 a las 12:33

No tema da presentación fóra de prazo da solicitude de subvención á Deputación en materia de persoal, expusen os feitos con claridade. Cada un pode sacar as súas propias conclusións.
Ignoro os detalles do retraso na posta ó cobro dos recibos da escola infantil.

manolo · 31-03-2008 a las 15:51

Sinto decirche que é moi dificil para min creerche cando dis que ignoras o tema do retraso no cobro da escola infantil.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2008 a las 17:29

Pois ala ti, «manolo». Nunca comprobei, nin estiven moi ó tanto, dos ingresos fixos e periódicos do concello (taxas da gardería, ocupacións e vía pública, taxas do mercado, etc..) nos oito anos e pico que levo de concelleiro. Son tarefas administrativas e contables onde nunca me metín. Na fixación dos tipos impositivos ou cotas sí, pero na elaboracón física dos recibos ou na materialización dos documentos contables por suposto que non.
Por suposto que debe mellorar a xestión. Neso estamos.

DON PEPITO · 31-03-2008 a las 19:02

Pois deberia de preocuparse porque se falla a admistración do concello falla todo. Igual que calquera empresa.

ROLAR · 1-04-2008 a las 07:08

¡O mesmo que mira polos gastos (gasoil, teléfono,?) tamén debería mirar polos ingresos! A mala xestión de uns e outros doen por igual os cidadáns.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2008 a las 08:22

Claro que me preocupo polos ingresos. Cobrar recibos con cinco meses de retraso non significa que o concello perda recursos. Significa que percibe as cantidades máis tarde.
Non me comparedes isto co envío de 1.249 SMS ó mesmo número por parte do anterior alcalde, ou cos imposibles repostaxes de gasoil do Patrol de obras con dez minutos de diferencia. Por certo e relacionado coas mensaxes: Na tarde do 30 de decembro de 2006, o Sr. Álvarez Angueira enviou ó número en cuestión 41 SMS seguidos con diferencias de 2,3, o poucos minutos máis. Noutros días hai secuencias de 20, 24 ,18, etc… SMS sucesivos no tempo a este número. ¿Quen entende isto?. Preguntóuselle ó ex alcalde no pleno unha explicación. A resposta foi a de sempre: Ningunha.

veciñamil · 1-04-2008 a las 09:43

Vexo que a obsesión é cada vez maior por parte do Sabariz (pareces un «enfermo»), estase a falar nesta entrada do retraso do paso, por parte do concello, dos recibos da gardería aos usuarios , pídese a túa opinión sobre este asunto e ti contestas co consumo excesivo de gasoil e cos SMS, e incluso máis xa te vas ao ano 2006. Esa obsesión vaite matar, cóidate artista.

DON PEPITO · 1-04-2008 a las 10:23

Sr Sabariz usted mira a cuestión desde o punto de vista do Axuntamento, agora mirea desde o punto de vista das familias, que se teñe que enfrentar este mes a 3 recibos da garceria que suma como minimo 300 euros, un prestamo, e teñen que comer todolos diás, cun sueldo de 1000 euros. ¿Pensou usted en eso?

ROLAR · 1-04-2008 a las 12:26

Sr. Sabariz, sei que o gasoil e o dos SMS son temas recurrentes no seu argumentario que non deixan de ser importantes, pero eu estou a falar dos recibos da escola infantil, que da forma que son emitidos pola ineptitude do seu compañeiro de goberno, provocan problemas nas economías de moitas familias que de golpe, teñen que pagar 300 ou máis euros.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2008 a las 15:42

Me chamas obsesionado e enfermo, «veciñamil». ¿Non estará máis obsesionado o que enviou os 1.249 SMS ó mesmo número?.
Vou dar un dato: Ás 18:28 horas do 30-12-06 enviouse dende o teléfono móbil da alcaldía un primeiro mensaxe a ese número. Ás 18:31 o segundo. Ás 18:37 o terceiro. Ás 18:42 o cuarto. Ás 18,45 o quinto. Ás 18:47 o sexto. E así sucesivamente ata o nº 39 que envíado ás 20:52.
Vou falar doutro día para que vexas que non me refiro só a 2006: O día 26 de maio de 2007 (día de reflexión para as eleccións locais) ás 18:12 horas envíase un primeiro SMS a ese número. Ás 18:14 o segundo. Ás 18:17 o terceiro. Así sucesivamente hasta o 9º que foi enviado ás 18:29.
¿Que explicación ten isto?. ¿Son eu o culpable?

ROLAR · 1-04-2008 a las 15:54

Obsesión non creo que sea, pero somos alomenos tres os que lle estamos a falar dos recibos da gardería e vostede Sr. Sabariz, erre que erre co tema dos SMS?

veciñamil · 1-04-2008 a las 16:18

Non te das conta ROLAR que acaba de facer o mesmo, eu lle comento os dos recibos da gardería e el contesta cos SMS de Angueira, e paréceme ben que informe o que lle pareza dos SMS, pero por non criticar ao goberno no que está metido neste asunto volta co mesmo. Iso que é.
Obsesión, obsesión enfermiza. A curarse, jo, jo, jo.

DON PEPITO · 1-04-2008 a las 17:07

O tema dos SMS tamen é importante Sr Sabariz, nadie llo nega, pero xa vemos que o esta intentando aclarar. Agora o que pretendemos é que intente arranxar o dos recibos da gardería.Pero polo visto non ten inteción de aclaralo, xa que cambia de tema a minima.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2008 a las 21:32

No tema da demora dos recibos da gardería está todo dito pola miña parte. Xa manifestei que descoñecía o tema e a miña obriga agora que se coñece e que se melloren as tarefas administrativas. Reitero que eu non son voceiro do goberno.
Agora ben; comparar este tema con envíar 1.249 SMS ó mesmo número en seis meses, e unha barbaridade.

DON PEPITO · 2-04-2008 a las 10:11

Bueno! polo menos comprometese á mellorar as tarefas administrativas.Para min xa me é suficiente.

Responder a DON PEPITO Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.