Rematan as obras de saneamento na rúa Fontaíña de Porto e na pista Cortinallas en Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA CONCELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E RELACI?NS INSTITUCIONAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Practicamente están rematadas dúas importantes obras de saneamento incluídas nos Programas da Deputación.
A obra de «Saneamento na rúa Fontaíña», está totalmente rematada, tanto a obra pricipal como as melloras ofertadas, cun custo de 6.579,17 ?, dos que a Deputación aporta 4.934,38 ?. Con esta obra a rúa Fontaíña de Porto queda dotada deste servizo na súa totalidade.
A falla de ramatar algúns pozos, tamén está concluída a obra de «Saneamento na Pista de Cortinallas» en Infesta, que comunica a estrada autonómica Pontecesures-Baloira co CPI Pontecesures. Con esta obra, que ten un impòrte de 12.526,08 ? dos que 9.394,56 son achegados pola Deputación Provincial, elimínase unha importante deficiencia en materia de salubridade, que estaba a ser denunciada por moitos veciños do concello.
Este grupo de goberno continuará apostando polos saneamentos e así, proximamente será adxudicada a obra de «Saneamento no interior de Carreiras», que ten un orzamento de 10.647,91 ?, dos que 7.985,93 son subvencionados pola Deputación. Tamén foi solicitada a inclusión no Plan Provincial de Cooperación da obra de saneamento da rúa Eugenio Escuredo que discorre en paralelo ó río Ulla.

Pontecesures, 15 de marzo de 2008
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro Delegado.


15 comentarios

veciñamil · 16-03-2008 a las 11:58

Home, xa vemos que o concelleiro non adscrito (ou tránsfuga como lle chaman os do Bloque)se empeza a desmarcar da política informativa do concello e se publicita as «noticias» él mesmo.
Fixadevos que ata o de agora sempre era o «equipo de goberno» tal, o «equipo de goberno» cual, pero agora xa anuncia Sabariz por sí só como concelleiro de infrestructuras e relacións institucionais. Claro como o PP lla está a xogar tamén aos outros dous.
Empieza la guerra publicitaria

Por certo tamén o BNG comeza coa súa publicidade, tardou en ver as posibilidades de publicitarse na rede pero vexo que comezou, e moi forte. ? raro que aínda nadie se fixera eco neste medio, pero, sin que pretenda servir de publicidade fago eu, non en nome de ninguén. Me enterei da existencia deste blog e ahí vai para quen queira ollalo:
http://www.bngpontecesures.blogspot.com

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-03-2008 a las 12:51

Aquí non hai guerra algunha, «veciñamil». Hai unhas importantes obras rematadas e punto. Pouco teño que vender eu. Xa me coñece todo o mundo.
Por certo; apareces de voceiro do BNG ó publicitar a súa páxina. Xa sabes que a min non me gustan os medios oficialistas. Vaime máis o debate plural, dinámico e participativo.
De tódolos xeitos, sería bo que o BNG de Pontecesures e o Sr. Alvarez Angueira nos conteste agora o que non quixo aclarar nunca nos plenos (comidas con acompañantes sen identificar, respostaxes de gasoil do patrol de obras enchendo o depósito con dez minutos de diferencia)… Ou outras; como cando vai montar en Pontecesures o negocio aquela familia de Taragoña empadronada na casa da súa tía na Avda. de Vigo, como se dixo no seu día, para que votara nas eleccións locais 2007, e tamén, claro, como se explica o dos 1.249 SMS ó mesmo número en seis meses. ¿Ti cres que iso se vai explicar na páxina do BNG?.

veciñamil · 16-03-2008 a las 15:40

Vexo que xa visitaches a mesma Sabriz, e non che debeu gostar nada a tenor da resposta.
Xa expliquei que coñezo a páxina pero non actúo de correa de transmisión de ninguén e moito menos de voceiro de nada. Coido que son moi clara.
Se van a respostar ás túas cuestións ou non, que queres que che diga, nin o sei nin me importa.
Saúdos cordiais.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-03-2008 a las 16:10

Non é que non me guste a páxina do BNG. O que critico que é un medio oficialista onde non se pode opinar, e iso a min non me vale. Na nosa páxina pode opinar e introducir entradas toda a xente, sen limitación nin censura algunha. Deste xeito, ten un éxito impresionante, polo seu dinamismo e variedade de temas.
Nas páxinas oficialista só hai unha visión. Por exemplo na páxina do BNG figuran os resultados das municipales e non os das xerais doutro día. ¿Por que?. Pois porque foron malos para eles xa que a baixada de apoios foi importante. Outro dato: Cítase como enlaces a páxina do Concello e a do BNG Nacional e omítese http://www.pontecesures.net. ¿Por que?. Porque moléstanlle as opinións e as críticas.
Lembro aquela anécdota previa ás eleccións municipais de Pontecesures, cando o ex alcade chamou a TV Salnés tentando que non houbera o debate plural entre os representantes das forzas.
Esa e a técnica do BNG de Pontecesures. Triste.

Antonio Cortés · 16-03-2008 a las 16:42

Boas,

Non sabía da existencia da web do BNG de Pontecesures, fai dúas semanas que está ahí, acabo de engadila ás ligazóns desta páxina.

Se algúen coñece dalgunha páxina de interes ou relacionada con Pontecesures so ten que enviar un correo electrónico a redaccion@pontecesures.net e será engadida.

*Engadido*: Tras moito buscar non atopo nada nesa web (información de contacto, legal, …) que me indique que é «realmente» a web do BNG de Pontecesures, si non é así mil disculpas, entendo polas entradas que así é, polo que deixo a ligazón coma oficial.

sobreiras · 16-03-2008 a las 18:16

Moi boa a páxina do BNG, sí señor. Só falan eles/as. Predica meu cura, predica meu frade, por un oido me entra e por outro me saile.

basta · 16-03-2008 a las 21:07

No blog do bng, pon que é unha ventana aberta a tódolos cidadans, recibindo aportacións e sexerencias. ¿De que forma?

Deixando a un lado esta dúbida, NORABOA polo blog. Sempre é interesante obter a maior información de diversas fontes.Si a traballades, dará moito xogo.

veciñamil · 2-04-2008 a las 11:33

Concelleiro Delegado de infraestructuras, quen realizou os traballos na pista de Cortinallas?
Despois das túas críticas ao antrior alcalde porque o seu cuñado facía chollos para o concello, agora calas esto, ou é que non sabes nada?.

Cheo-Cheo · 2-04-2008 a las 12:01

Alvarez Angueira, vaite e deixalle o camiño libre ós teus compañeiros a Margarita, a José Antonio, a Cecilia e a Arturo, estarán fartos de tí.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2008 a las 14:34

Nunca critiquei os traballos que fixo (e que fai) para o concello o publicista e deseñador Serxio Suárez Bandín, cuñado do ex alcalde. Considero que é moi bo profesional e resulta moi inxusto, «veciñamil» que digas agora iso.
Por outra banda, coméntoche que a obra de saneamento da pista de Cortinallas en Infesta foi adxudicada á sociedade «Restauración del Hábitat Caamaño Medio Ambiente», polo prezo de 12.526,08 ?. Segundo as informacións que teño, a empresa Construgal realizou tarefas para a primeira, e realizou parte da man de obra, por un importe de 1.600 ?., por ter moita carga de traballo a adxudicataria. Algo moi habitual entre dúas empresas na contratación administrativa.
Esta é a información que teño, e que dou facilito dando a cara, coma sempre.

veciñamil · 2-04-2008 a las 18:24

Das a información con timidez, Sabariz. fíxate ben, de Serxio das todos os datos, pero da empresa Construgal non dis máis nada.

veciñamil · 2-04-2008 a las 18:28

Tería que perder tempo que non teño en buscar as túas afirmacións e acusacións acerca do suposto favoritismo ou uso da familia, por parte do anterior alcalde. Sen dúbida claro que as fixeches. Non te preocupes que algún día chas poñerei diante dos morros.
Non hai ningún familiar da alcaldesa nesta obra?

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2008 a las 19:29

Reitero que eu xamáis critiquei para nada que Serxio Suárez Bandín fixera (e faga) traballos para o concello. Para mín é bo profesional e mellor persoa. Precisamente lembro que lle encarguei os carteis e a publicidade da ACP para as elecións de 2003 e fixo un traballo que me gustou moito. ¿Que houbo favoritismos do ex alcalde? A patadas. Pero non no caso de Serxio.
Precissamente citei o seu nome porque é unha persoa física. Construgal é unha persoa xurídica e non podo citar aquí nomes porque ignoro ós socios, que tipo de sociedade é, o accionariado, etc..¿Que hai un familiar da alcaldesa nesa empresa? ¿Que ten responsabilidades nos órganos da mesma? Pois será así pero dun xeito ou doutro son acordos entre empresas. Legalmente non vexo problema. ?ticamente cada un pode pensar o que queira.

veciñamil · 3-04-2008 a las 10:25

Co «recto» qué é vostede non permitiría nada «que non fose legal» pero temos probas nesta páxina do moito que ten criticado comidas con acompañantes, o consumo alto de gasoil ou agora os sms, e a pesares de non ser ilegales, pois do contrario acudiría aos tribunais como sería a súa obriga e non acudíu en ningun caso, EN NING?N CASO, pois a crítica se volve pola actitude política ou ètica. Pois ben, neste, e noutros casos, debería facer exactamente o mesmo e se agacha debaixo da legalidade escurrindo o bulto de forma descarada. Falemos as cousas moi claras.
O xenro de Maribel a alcaldesa, que puxo alí vostede ou axudou a poñela, estivo traballando nesta obra das Cortinallas, él a a súa empresa. Polo qaue oín, que non o vin, tamén traballou nas obras do mirador do Galiñeiro, do mesmo modo.
Sábese que a alcaldesa «presiona» de algún xeito aos constructores para que subcontraten no seu xenro.
Isto é inconcebible nos tempos que estamos. Que esa señora non ten ética xa o sabe todo o mundo, de feito o pobo non a quixo para alcaldesa, no a votou ou a votou de última. Vendeuse ao BNG por diñeiro votando en contra das actuais obras do club náutico nun primeiro momento e a favor logo que cobrou do concello, agora obstenta o liderazgo do pobo con apenas 200 votos, sen importarlle que o pobo non na prefirira a ela para nada. Anda dicindo por ahí que o pobo lle importa un pito(no Olivo), que haber se coloca á súa filla de administrativa ou se apuntala a súa casa pola parte de atrás coa obra do «Muiño de Infesta». Non ten ningún tipo de ética, ningún. E ten a desfachatez de poñer ao seu xenro a traballar en obras do concello (aínda que sexa co subterfuxio legal dunha subcontrata) e ti, que te dis «defensor» da pulcritude na política, ´»defensor» da ética política, «defensor» do non aproveitamento da política para intereses persoais, evades este tema, agáchaste. Sodes todos a mesma m…

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2008 a las 14:45

Pero «veciñamil». Non sei quen son os misteriosos acompañantes que foron a comer de balde co Sr. Alvarez Angueira. En varias facturas di: «Sr. Alcalde y acompañante». Por iso lle preguntei no pleno quenes era eses acompañante e que relación tiñan esas invitacións coas xestión municipais. Agora nos mensaxes aparece un número do destinatario que se enviaron 1.249 SMS. Eu non sei quen é. Por iso llo preguntei. En ámbolos dous casos a proba son as facturas. O ex alcalde negouse a dar explicacións.
Sobre o consumo imposible de combustible no Patrol de obras prefiro non falar agora. Espero que pronto teñamos novidades.
Reitero que os traballos que fixo a empresa Construgal para «Restauración del Hábitat Caamaño Medio Ambiente» se axustan á legalidade. Agora ben; se houbese presións como dicides por parte da alcaldesa a cousa cambia. Non teño coñecementos de presións de ningún tipo e confío bastante máis na empresa concesionaria que en calquera comentario, e moito menos anónimo.
¿Que a alcaldesa fai comentarios en establecementos sobre a contratación da súa filla?. Pouco teño que dicir. Simples faladurías e nin entro nin salgo.
? certo que o auga do regato da Chancela (cando baixa dun tubo do parque do Muiño de Infesta nun nivel alto) está a causar danos en propiedade privadas (a casa da alcaldesa e unha delas). O que hai que tratar e de impedir, coa protección debida, e que non se causen máis danos no futuro, e non arranxar o muro ou paredes particulares de ninguén.
Esta obra deberá ter ademáis autorización de Augas de Galicia.
«veciñamil», eu non son nin xusticiero, nin fiscal, nin policia. Tampouco é a miña función saír en defensa de ninguén. Se ti considera que a alcaldesa é unha persoa sen ética, que actúa con desfachatez, etc…pois dillo na cara, ou comentao aquí con nome e apelidos. Máis nada.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.