Cesures e a súa cor especial.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os hostaleiros celebraron a súa particular Feira de Abril ó son da música andaluza e con sabor a manzanilla.

A zona portuaria de Pontecesures encheuse de cores o pasado sábado día 19 para celebrar unha Feira de Abril un pouco pasado por auga pero na que non faltou a alegría, imprescindible nesta festa. Os vestidos de «faralaes» triunfaron entre os veciños da vila, que bailaron ó son das sevillanas e demostraron a «arte andaluza» que corre polas súas venas a pesar de vivir no norte da península. A segunda edición deste evento, organizado pola asociación de hostaleiros, foi todo un éxito de participación e incluso os coches de cabalos se uniron á cita percorreron algunhas das rúas. E para animarse e quentar o corpo, nada mellor ca un «rebujito» e uns vasiños de manzanilla.

Os cesureños sacaron o abanico, os sombreiros e os traxes de lunares.
Non todo ía ser lamprea en Pontecesures, e por iso os hostaleiros decidiron celebrar a súa particular versión da Feira de Abril sevillana. Varios grupos musicais encargáronse de levar á beira do Ulla os sons andaluces, mentres que os humoristas se reencarnaban en Isabel Pantoja e o seu amado prisioneiro Julián Muñoz. Os bailes e as risas estiveron asegurados.

Especial «O Salnés Siradella». DIARIO DE AROUSA 27/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.