Sementeira a ritmo de pandeireta en Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p020genn01_1.jpg

Distintas xeneración de valgueses participaron na sementeira do trigo nunha finca de Loncras.

A finca O Pradiño, de Loncras, convirteuse onte en punto de encontro de dúas xeracións de valgueses separadas por décadas pero unidas polo amor á terra: uns, os maiores, con gañas de amosar como eran antano os labores agrícolas e, concretamente, as sementeira do trigo. E outros, os pequeños, con intención de aprender e de achegarse un pouco máis a un campo que, hoxe en día, apenas se traballa. As vacas marelas, os traxes de faena, os arados de pao, os sachos e legoñas… todo iso puido verse de novo en Loncras nesta segunda edición do Festival Interxeracional, que nos vindeiros meses terá novas citas coa recolleita do trigo, a malla e, como non, o serán para disfrutar do pan.

Rubia e Gallarda, as dúas vacas marelas do ??Ferreiro de Senín? ­tamén coñecido como Manuel Gándara­ foron unhas das grandes protagonistas da sementeira do trigo que onte se realizou, á vella usanza, na finca O Pradiño, de Loncras (Ferreirós). Tiraron do arado de pao de Xosé Burés, unha reliquia á que Rubia e Gallarda non estaban acostumadas porque os tempos cambiaron e, hoxe en día, as vacas xa non traballan senón que andan ceibes polas fincas disfrutando da vida de prexubiladas.
Aínda así, a falta de experiencia das marelas salvouse coa boa disposición dos máis de medio cento de maiores ­membros da asociación Axentiva­ que botaron man dos sachos e legoñas para tapar a semente e ensinar ós rapaces dos colexios de Baño e Cordeiro como era, hai décadas, unha xornada de traballo no campo.

María, unha das pandereteiras de Moldes que animaron a mañá coa súas coplas, lémbrao ben: ??para sementar íamos á mañá e volviamos á noite. Levabannos de cormer unhas sardiñas asadas e un anaco de pan de millo. Cansabamonos moito, pero era moi bonito estar na leira porque antes había moita ledicia. Agora xa non a hai tanta?. María e as súas compañeiras Maruja, Olga, Rosa, Lola e Nela entonaron pezas como ??A xota da sementeira? ou ??A ribeirana? mentras o resto suaban a gota gorda cada un co seu labor. Non se esquenceron de nada e ata colocaron o espantallo de rigor para que os paxaros non lles acabe coa colleita, que haberá que recoller aló polo mes de agosto.

Porque a sementeira é só o punto de arranque do Festival Interxeracional. Por diante quedan a sega, a malla do trigo, a moenda e, como non, o serán, no que os valgueses darán boa conta de todos os produtos elaborados co trigo: bizcoitos, pan, empanadas… Xa onte puideron abrir boca. Fixeron unha paradiña para repoñer forzas cunha merenda a base de chourizos caseiros, queixo de tetilla, pan de millo e trigo, sardiñas e un bo viño.

E todo isto persenciado polos coordinadores do proxecto Ronsel ­impulsado pola Xunta de Galicia para a recuperación das tradicións­, que este ano colaborou co Concello para dar maior relevancia a estas actividades. Pablo Carpintero, un dos integrantes de Ronsel, apunta que a iniciativa posta en marcha en Valga ??é un xeito de integrar as tradicións na vida moderna; de darlle ó campo un novo uso de diversión e como ferramenta para ensinar ós nenos os valores do traballo comunal e do traballo coa terra?. Animou a outros concellos a copiar este proxecto xa que, polo de agora as actividades deste tipo son ??moi dispersas? en Galicia.

DIARIO DE AROUSA, 01/05/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.