Piragüismo: Proba galega de ríos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A pasada foi unha longa semana para os equipos de piragüismo de Arousa. Ata tres probas tiveron en axenda entre o xoves e o domingo.
A primeira das citas celebrouse o 1 de maio na localidade ourensá de Muíños. Alí desputouse a primeira regata do Gran Premio de Ríos e Travesías de Galicia, con victoria das Torres. O equipo catoirense sumou 302 puntos, polos 278 do Kayak Tudense, segundo, os 212 do Náutico Firrete, terceiro, e os 2002 do Piragüismo A Illa, cuarto. O Náutico O Muíño foi noveno con 98 puntos, e o Náutico Pontecesures décimo con 86. O Piragüismo Cambados e o Liceo Casino completaron a representación arousá cun decimoquinto e un decimosétimo postos. As Torres (10), Piragüismo A Illa (6), O Muíño (3) e Pontecesures (1) acumularon 20 podios, con media ducia de trunfos individuais.
O sábado, en Aldán (Cangas), As Torres voltou a subirse ao podio por equipos. Neste caso, no terceiro chanzo da segunda regata do Gran Premio de Promoción. O club do Baixo Ulla sumou 3.102 puntos, polos 3.883 do Náutico Firrete e os 3.285 do Rodeira. O Illa de Arousa foi quinto con 2.687, o Breogán sexto con 2.663, e o Pontecesures undécimo con 1.014.

LA VOZ DE GALICIA, 06/04/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.