Sabariz versus BNG.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El concejal también se pronunció ayer sobre las críticas vertidas por el BNG por la implantación en el Concello del impuesto de plusvalías. «Na época do BNG tamén se fixo a revisión catastral, a subida do IBI e da taxa do lixo, e eu sempre estiven para dar a cara. Tamén falan agora de que hai dúas dedicacións exclusivas no goberno, pero se Angueira houbera sido alcalde estaban previstas tres», indicó Sabariz Rolán.

LA VOZ DE GALICIA, 03/06/08


8 comentarios

manolo · 4-06-2008 a las 13:48

Fala do que sabes Sabariz, que o fas moi ben, que estiveran previstas tres exclusivas, contoucho un paxariño que sabe tanto coma ti do que pasa dentro do BNG.NADA. Son rumores, ou foron. Encantanche os rumores.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-06-2008 a las 14:33

Afirmei rotundamente que estaban previstas TRES EXCLUSIVAS, se o alcalde era o Sr. Álvarez Angueira, porque así o expuso a actual alcaldesa nun pleno ó referirse ás conversas que mantivera sobre a gobernabilidade nos días previos ó 16 de xuño de 2007 co ex alcalde. ¿Sabes que contestou o BNG nese pleno?. Absolutamenta nada.
Déixate de rumores e de paxariños, «manolo». Faime caso, ás exclusivas eran tres.

manolo · 4-06-2008 a las 18:22

Ves como cho contou alguén que non sabe NADA. A actual alcaldesa tivo tantas conversas previas, tivo tantos contactos con tantos grupos e membros políticos, que se embarulla un pouco. A gobernabilidade deste concello e un tema moi moi oscuro Sabariz, e a alcaldesa daquela estaba moi ocupada para afrontar a estratexia que se cocía para ser alcaldesa con 200 votos.
As ofertas de gobernabilidade co BNG, NON PASABAN POR DARLLE A ALCALDÍA, e a partir de aí, non había nada que falar. Moito menos configurar un hipotético goberno con tres exclusivas. Outra cousa é que se lance eso para xustificar as que hai.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-06-2008 a las 21:26

Caramba, «manolo», amosas un coñecemento profundo das conversas BNG-IP antes do 16 de xuño, e tes información de fontes nacionalistas polo que vexo.
Eu non vou entrar no terreo da hipótese. Aseguro que a actual alcaldesa nun pleno (é o órgano colexiado máis importante do Concello) díxolle ó ex alcalde o das tres exclusivas, en caso de que tiveramos un goberno presidido polo Sr. Álvarez Angueira, cando se trataba do punto da aprobación dúas adicacións actuais. Ningún nacionalista contestou sobre isto perante a sesión. Eu non teño por que dubidar das verbas da alcaldesa neste tema, é máis se ninguén desminte estas afirmacións no pleno.
Obviamente, «manolo», és unha persoa vinculada ó BNG cesureño. ¿Contaríanche ben as conversas que tiveron antes do 16 de xuño de 2007 o Sr. Álvarez Ángueira e a Sra. Castro Barreiro?. Eu penso que non. Pregunta, pregunta….

manolo · 4-06-2008 a las 22:00

NOn teño que preguntar nada Sabariz, chégame con facer memoria.
Que a alcaldesa dixera eso en un pleno, cousa que é certo,dixoo, non significa que as súas verbas se axusten á realidade. Coido que para ser máis exacto nas túas declaracións, deberas colgar antes a coletilla de «según a Sra. Alcaldesa».

A Sra. alcaldesa estaba por entonces máis pendiente das conversas contigo e cos teus socios de goberno que dos pactos co BNG, que non lle aportaban nada.

Non é certo o das tres exclusivas. Outra cousa é que antes dos comicios se barallaran hipotéticas posibilidades de exclusivas, con diferentes nomes, pero nunca tres ao mesmo tempo. Por aquel entonces non se sabía o que ía pasar.
Está máis claro hoxe en día que o BNG vai volver a gobernar que nos días previos as eleccións daquel ano tan reciente.

Al tiempo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-06-2008 a las 22:52

Dende logo, «manolo», escribes coma voceiro/a do BNG e das opinións categóricas. Non te esquezas de algo moi importante: Unha cousa é o BNG e as decisións que tomou, ou que tome, e outra é o que dixo, ou dí, o Sr. Álvarez Angueira. Insisto: Pregúntalle ó ex alcalde polas conversas que tivo coa actual alcaldesa, e porque non rexeitou ás manifestacións da Sra. Castro Barreiro no pleno sobre as tres exclusivas.
Respecto a túa opinión de que o BNG vai volver gobernar. E xa que fas de pitoniso/a, ¿Como? ¿Cando? ¿Con quen? ¿Quen presidirá a corporación?. Explica, explica…

manolo · 5-06-2008 a las 19:11

Vale Sabariz, dis que falo como voceiro do BNG, porque fago opinións categóricas. Deduces que o que sei é porque mo contan, e non é o mesmo que o que sucedeu. Deduzco eu que ti, si que sabes a realidade, enton eres máis que voceiro, estás tan seguro, que casi che podemos situar por deduccións que estás na directiva do BNG. Deixémolo así.Estás errado, non o dudes, pero o meu anonimato non me da máis credibilidade.

Estar moi seguro de si mesmo pode ser un gran erro en política. Estar moi seguro do que nos conten, pode ser un erro peor,sobre todo neste concello.
Maribel gaña en credibilidade.
Punto para ti e para Maribel.

Deberas recordar de vez en cando a túa relación con Maribel fai dous ou tres anos, ou o que dixo de ti daquela que lle sacaches a exclusiva. Ca mesma credibilidade que lle otorgas ahora, vou recordalo eu.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-06-2008 a las 21:06

O único que asegurei, «manolo», e o que dixo, das tres exclusivas, a alcaldesa no pleno. Non teño porque dubidar das verbas da alcaldesa e deduzo que é certo, porque o ex alcalde calou. O tema agora ten pouca trascendencia pero quixen dicilo como argumento político. Non pode criticar o BNG que haxa 2 exclusivas cando eles ían poñer 3. Debate político puro e duro. Os nacionalistas transmitides á crítica sobre o gasto e os non adscritos contestamos cos nosos argumentos. Non temos porque calalos.
Sobre as relacións no pasado dos membros da corporación, que imos dicir. Lembra os ataques que tiven do PP, a diferencia nas relacións entre o BNG e a ACP na primeira e na segunda lexislatura, as relacións cambiantes entre o ex alcalde e o Sr. Gerpe perante os 8 anos que estivo este último na corporación, as que tiveron o Sr. Alvarez Angueira e a actual alcaldesa nos últimos 12 anos…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.