Aparecen varios automóbiles co espello roto na rúa Victor García.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Desgraciadamente reaparecen as gamberradas nas noites dos fins de semana en Pontecesures. Esta mañá os espellos de tódolos coches estacionados na marxe dereita da rúa Victor García (dirección Pontevedra-Santiago) apareceron con golpes no espello exterior, o do lado do conductor. Dende a beirarrúa os gamberros díronlle golpes. Algúns só quedaron virados, pero os de cinco coches foron rompidos (a estructura, ou o propio espello). Tamén foi danada unha papeleira desta rúa.
Resulta incomprensible que alguén se divirta facendo estas barbaridades. E triste que un veciño atope pola mañá o seu coche con danos por mor de absurdas accións de persoas que só merecen o rexeite de todos.
Os feitos foron postos en coñecemento no cuartel da Garda Civil de Valga.


2 comentarios

Cara de cona · 30-06-2008 a las 21:36

Veremos si pregunta a alcaldesa de barrio, Cacilia a da cocha, do sucedido no pleno…xa dixen que esta cecilia vai ser a revelación da política cesureña…ten condicións…estivo na comisión de festas e ten experiencia…nas facturas do comercio…está lendo a constitución en clases nocturnas…ten ten talla política….unha 60 polo menos…jo…jo…jo…

manolo o do bombo · 1-07-2008 a las 19:27

cara de cona, na mais que sabes botar veneno pola boca eres unha vibora,que mania lle tes a da cocha,pois claro que sabe mais ca ti, ¡¿ENVIDIOSA MALA PERSONA?.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.