O BNG de Pontecesures envía un boletín ós veciños.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O boletín consta de catro páxinas. Na páxina da portada aparece unha fotografía dos cinco concelleiros nacionalistas diante do remodelado edificio do Club Náutico e co seguinte texto: «Inaugúranse as novas instalacións naúticas», «O BNG felicita ao pobo de Pontecesures polo logro acadado».

Na segunda páxina os titulares son os seguintes: «A pesares dos repetidos votos en contra do PP, PSOE e Maribel Castro, o BNG sacou adiante a obra do Naútico». «No BNG felicitámonos porque foi durante o noso goberno cando se xestionou e mellora e ampliación das instalacións náuticas».

Na terceira titúlase: «A nova política recadatoria». «O imposto da plusvalía. Un imposto que non se aplica en moitos concellos e que nunca se aplicou en Pontecesures»». «Convenio Concello-ORAL para a revisión dos orzamentos das obras». «Zona azul de estacionamento: máis afán de recadación»

Na cuarta e última páxina aparece o seguinte texto: «Un ano de desgoberno municipal en Pontecesures. As desavenencias internas entre a Sra. Castro e Sr. Rafael que os leva a unha loita contínua polo poder, provoca un goberno ineficaz que prexudica ós veciños».

As críticas van na liña das notas publicadas polos nacionalistas nos medios.


43 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-07-2008 a las 23:32

No boletín reflíctesen numerosos inexactitudes, verdades a medias, confusións interesadas e xa contestei ó BNG en moitos destes temas. Vexo que o BNG prefire o panfleto ó debate plural (xa informei que o Sr. Álvarez Angueira tentou «torpedear» dende o seu posto de alcalde o debate electoral de Pontecesures o pasado ano, dicindolle «que non facía falta» ós responsables de TV Salnés). Eu son moi partidario do debate plural no pleno ou onde sexa, dando a cara sempre.

Pepe de San Xulian · 22-07-2008 a las 15:21

O Boletin é o seu.
Logo cando lle preguntas algo non saben nin contestan.
Despois sacan o Boletin que o fan no despacho sin presión e modificando o que non queda ben, o marketing.
Quen será o asesor/a?.
Debe ser a da Cocha pola pinta de intelectual, controla moito e está o dia en todo.

checha · 23-07-2008 a las 00:41

Vamos a ver Sabariz que inexactitudes encontras e que verdades a medias.Porque aqui parece que o unico que dis a verdade eres ti que debes de ser perfecto.
Ou e que che molesta o boletin porque sabes que o lee moito xente e asi enterase das trapalladas que estades facendo.
Ou pode ser que teñas envidia de que o BNG poida quitar un boletin e ti non porque como non eres de ningún partido e non tes respaldo de ninguen.

checha · 23-07-2008 a las 00:51

Esto vai para Pepe de San Xulian.Que por certo descubreste cada vez mais.Con distinto nome pero a mesma persoa.Claro que o bloque fai o boletin no despacho e reunense todos para facelo.E todos aportan ideas incluida a Cocha.Ademais non lle fai falta asesor xa que eles soiños ben poden.
E esta claro que si saben e contestan con notas de prensa casi semanais.
Outra cousa que non lle entren nas paranoias de Sabariz.Cada un ten a súa maneira de facer politica.
Ademais que Sabariz critique esta forma de facelas cousas cando el bombardea a prensa con todo tipo de noticias do goberno non sei cal e a diferencia.
O BNG dun lado e el do outro.
Porque a verdade aqui actua como o bufon da corte xa que ningún do resto dos membros do goberno abre a boca.El parece o portavoz de todos non sei si co seu consentimento ou por que lle encanta o protagonismo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 01:05

Pois mira, «checha». Non se fala que para acadar o investimento do club náutico fixo falla tamén o meu apoio votando a favor no pleno. Dase por sentado no boletín que só o BNG estivo de acordo coa obra e iso non é certo. E totalmente falso, como dixen no pleno, que o ICIO vaia a ser cobrado dúas veces. Non se dí que as herdanzas no imposto municipal sobre o incremento dos terreos de natureza urbán están bonificados, nada menos, que no 95% da cota, etc..
Eu non teño porque ter envexa de ninguén e sabes dabondo, porque me coñeces ben, que non estou no concello para facer trapalladas.
O BNG, e calquera grupo, pode facer os boletíns que queira. Por suposto, eu tamén teño o meu dereito a criticalos. Só faltaría que non tivera esa posibilidade. A miña obriga e rebater o contido deste panfleto nacionalista, porque trata de enganar á xente.
¿Que non teño o respaldo de ninguén?. ? a túa apreciación. Reitéroche que teño a conciencia moi tranquila. Alá aqueles que defenden cegamente ós seus líderes de formación mirando para outro lado ante as inxustizas e os favores.
Hai tantos…

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 01:17

Mira «checha», que me consideres un protagonista ou incluso un bombardeiro teño que aceptalo. Pero, muller, o de paranoico ou bufón non queda ben. Eu sempre fun respectouso contigo e penso que non merezo estes termos. ¿Non si?.

checha · 23-07-2008 a las 02:21

Non creo que che falte o respecto con esto.Xa que non e a miña intención e só unha forma de falar.Non defendo a ninguen cegamente xa que non vai coa miña forma de ser e ti sabelo que como dis coñecemonos ben.Pero a min tampouco me gustan as inxusticias e creo que estanse cumprindo.

manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 15:07

sabariz sentouche mal o boletin do bng,nunca podes dar unha critica boa,para ti sempre e malo,ti sempre perfecto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 16:04

Que me sentou mal o boletín?. Que va, «manolo o do bombo». Como dicía un amigo meu «Nada nuevo bajo el sol».

Pepe de San Xulian · 23-07-2008 a las 17:10

Para checha, frio, frio, son único e insustituible.

Cara de cona · 23-07-2008 a las 18:58

Cocha…andas revolucionada…para un pouco muller, a Cacharra tenche gañas e trata de convencer ó Saba para que che ataque no pleno…coidadiño que sodes dúas mulleres de carácter…jo…jo…jo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 19:41

Non sei de onde sacas estas ocorrencias, «Cara de cona». Parece que nos queres enfrontar a todos. Tomarémolo a broma.

manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 20:05

Hombre sabariz que ven o sabes facer como si non superas quen e cara de cona ,si sale a cocha ou outro por ahi que malos somos todos pero o da tua amiga tomamolo a broma ,non solo ti eres o listillo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 20:18

Non sei quen é ninguén, nin tampouco me interesa, «manolo o do bombo». Eu aquí escribo, acuso ou me defendo con nome e apelidos.

manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 20:25

Bueno sabariz desde que entro na paxina,mira si te coñezo que sabia que ibas a contestar eso,sin comentarios.

pandorcas · 23-07-2008 a las 21:20

Dende logo que podes chulearte pois si que e verdade que te presentas con nome e apelidos,pero iso non te da dereito a cantar o «CARA AL SOL» como fas nun escrito na tua defensa. Penso que ninguén dubida da honra da secretaria , pero penso que esta persoa est´para levantar acta «con voz pero sin voto» dos acrdos ou decisions que se toman.

manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 21:45

Pandorcas non te creas nada,pois tamen entra con dous anonimos o que pasa que se ten mais listo ca nos.

checha · 23-07-2008 a las 22:21

Si Cara de cona ou a Cacharra lle teñen ganas a Cocha ala elas.Eu non vou a entrar no seu enfrontamento.So digo que Cara de cona demostrando coma sempre a súa gran educación.Agora a Cocha non quere saber nada dela que vive moi ben asi sen ter problemas con ninguen.
As gañas que as bata contra unha parede.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 22:26

? ocorrente cofundir intencionadamente, claro, o comentario ou frase feita «nada nuevo bajo el sol» con cantar o «Cara al sol». Fixéchesme rir «pandorcas», hai que ter mala leite. Agora ata me vinculas á antiga Falange. ? o que faltaba. Os secretarios/as dos concellos non só se adican a levantar actas, tamén poden, como funcionarios cualificados que son, formar parte dos tribunais.
Sobre o comentario de «manolo o do bombo», xa espliquei moitas veces que algúns intervintes anónimos manifestan que os alcumes con críticas das actuacións do Sr. Álvarez Angueira e do BNG de Pontecesures son feitas por min. Dende logo é unha acusación moi inxusta e xa estou canso dos desmentidos. ? moi doado facer iso. Alá eles.

estudiante · 24-07-2008 a las 10:42

Eu voulle pedir aquí os do bloque que na sijiente revista que quiten que poñan alí que o bufón votou polo clu náutico e tamén que lle poñan a súa foto, Vaia olvido señores.
Ponte tranquilo home, xa verás como me fan caso.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2008 a las 11:21

Non fai falla, «estudiante». A xente do Náutico, os integrantes do BNG de Pontecesures e a cidadanía xa saben que fixen todo o que posible para que a obra fose realizada. Agora estas discusións, o boletín, e quen trata de colgarse as medallas pouco importa. O mellor é que os deportistas xa poden disfrutar das instalacións. Os políticos somos «aves de paso», pero as instalacións e as melloras quedan.

Becquer II · 24-07-2008 a las 19:52

Querías dedicación
la pela siempre es la pela
querida Ceci Tarela
pasaste a la oposición.

Deja de hacer la mona
no des la cara por él
la política es muy cruel
Angueira se descojona.

¡Si eres una bendita!
trabaja con ilusión
para hacer el «papelón»
tenemos a Margarita.

pandorcas · 24-07-2008 a las 21:22

Mira que sodes divertidos, primeiro pelexades por ter a medalla de ouro pero cando vedes que non pode ser vosa dicimos A MEDALLA NON IMPORTA iso pasanos a todos e de ahi a frase O IMPORTANTA E PARTICIPAR pero hai que facelo para o ben publico e non so para meritos persoais. ¡non sabes o contento ou contenta que estou a seberes que riches por un momemto.
Hai que aprender a compartir e alabar os meritos dos demais ainda que non sexan da mesma linea politica

basta · 24-07-2008 a las 21:44

No que a apoios recibidos polo club náutico se refire, o boletín axústase bastante á realidade. Explica claramente as persoas que se situaron en contra desta obra, e entre elas non está vostede.

O apoio a esta obra foi vendido, e ben vendido, e esto tamén o sabe a cidadanía.

A inauguración foron todos. VERGO?ENTO.

Que non destaca o seu apoio de entón?
O boletín non foi creado para enxalzar a súa figura Sabariz. ? unha publicación do BNG, e nomea perfectamente aos que votaron en contra unha e outra vez. Vostede non está no medio.

basta · 24-07-2008 a las 21:54

Esquecíaseme Sabariz, foron os mesmos que recortaron a subvención municipal ao club?

Que opina deste recorte logo de ler as declaracións do seu presidente referente á súa situación económica que lle leva a afrontar gastos de desprazamentos con fondos persoais?

Que pasa, que os do náutico teñen pinta de «rojos nacionalistas»

checha · 24-07-2008 a las 22:43

Creo que estas un pouco errado Becquer Cecilia non foi por ningunha exclusiva.Ela non ten noticias de exclusiva ningunha.Non entrou en politica para lucrarse dela.Senon porque sempre lle gustou e foi unha gran politiqueira dende pequena.
E ademais fiase do que se ten que fiar cando teña a razón.Non e ningunha boba para deixarse levar por ninguen.Cando alguen ten a razón e a primeira en darlla pero se non a ten non lla vai dar.
Non esta facendo a mona senon que esta cumplindo o seu papel na oposición que e o que ten que facer.
De todalas maneiras as verbas que escribiches estan moi ben.GRACIAS

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2008 a las 23:45

¿Que non son capaz de recoñecer o mérito do Sr. Álvarez Angueira, e do BNG na obra do Club Náutico?. Naturalmente que o recoñezo públicamente. e xa o dixen. Eles non comentan o meu apoio, pero eu teño que dicir que tanto na orixe do convenio (o ex alcalde, máis eu fomos varias veces á Xunta e á Deputación para sacar adiante a subvención), como na ampliación da achega da Dirección Xeral de Deportes (xestión na que non intervín para nada) o Sr. Álvarez Ángueira pelexou para conquerir a obra. ¿Como o vou negar?. Sería un insensato, «pandorcas».
Comprendo as necesidades económicas do Club Náutico, «basta», e hai que tratar de incluir nos orzamentos a maior axuda posible. Pero no de adiantar cartos para asociacións, tamén coñezo outros casos.
¡Ah! unha cousiña. Eu aprecio ós deportistas do Náutico e valoro o seu traballo. A min pouco me preocupa a súa opción política. A miña obriga como concelleiro e tratar a todos por igual. A xente que me coñece sabe que nunca prexudiquei ou discriminei a veciño algún por pertencer, simpatizar ou votar a outras forzas. Iso sería ruín.

estudiante · 25-07-2008 a las 09:36

que ben fala este, sí señor, o que xa dixen, unha foto para el na revista, boletín ou como se chame. Cando o «apretan» un pouco con razoamentos sensatos non lle queda outra que «non contestar» como fai ás veces, inda que poucas, «dicir que o tema xa non da máis de si» en máis ocasións, ou sacar a vena da bonomía e sinceridade, (ollo pero faino porque este tema do náutico é moi coñecido por todos e quedaría mal se fixese o contrario, teno todo calculado).
Bloqueiros, ide traballando noutra revista, a ser posible máis jrande, pois esta estivo bastante ben (e non vos olvidar de poñer algunha andanza deste que lle justa moito salir nas cousas e asi tédelo contento)

manolo · 25-07-2008 a las 20:29

OK Sabariz, hónrate ese exercicio de humildade. Agora dinos, se hai que intentar aumentar as achegas ao club náutico, para que as reducíchedes recentemente?
Desvincúlaste dese recorte? Pola contra contradíceste.Esto se non é mentir, é unha verdade a medias.PILLABÁN!!!

manolo · 25-07-2008 a las 20:48

Noutro orden de cousas, ía a zona azul comenzar informando aos cidadáns, e recauda nada menos que 7.000? nos 3 primeiros meses. Agora podemos afirmar taxantemente que tiñan razón os veciños e visitantes ao noso comercio de sufrir un acoso por parte do concello.

E agora, quería preguntar onde se poden conseguir discos, pois faime falta un para meu curmán e estou esperando VAI PARA MEDIO ANO que Sabariz dixo nesta páxina que se ían facer máis.HEMEROTECA!!!
Todos recordamos o duro que foches na oposición.
? unha pena que esteas no goberno Sabariz, porque agora na oposición íalo pasar bomba!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-07-2008 a las 21:53

Non me desvinculo do recurte dos 1.000 ? ó Náutico. Eu non me agocho e votei a prol dos orzamentos. Tamén penso que hai que aumentar a axuda este ano. Pero hai que facer números e tratar o tema con tódolos clubes deportivos.
Houbo xa dúas distribucións masivas de discos, «manolo». ¿Que aínda non chegan os que hai?. Pois haberá que encargar máis.
Teño que dicir que non escoitei moitas críticas nin polo establecemento da zona azul nin pola sinalización de zonas de carga e descarga na rúa San Lois. Máis ben todo o contrario.

sobreiras · 25-07-2008 a las 23:49

Si se aumenta a subvención ao naútico, tamén a tedes que aumentar ao fútbol e ao baloncesto, ámbolos dous teñen mais deportistas que o naútico e tamén gañan ligas. O que non queredes decir os de BNG e que antes ao Naútico dabadeslle máis cartos que aos outros clubes, porque era a nena bonita do Sr. Angueira. O único que fixo o actual goberno foi igualar esas axudas sin favorecer a ninguén. E porque non decides que tamén tiña axudas en material, gasoil, etc. que xa non pasaba o gasto polas arcas do clube.

checha · 26-07-2008 a las 04:42

Estou a favor de todolos deportes deste pobo.Deberianse de dar axudas a todolos clubes mais cuantiosas.Pero o que esta claro que o piraguismo e unha disciplina mais cara xa só en material e tamén en desplazamentos.Xa que tanto o equipo de futbol como o de baloncesto movense pola comarca o piraguismo movese por toda españa.Asi que as comparacións son un pouco absurdas.Espero que todolos deportes nos aporten grandes triunfos.

estudiante · 26-07-2008 a las 10:55

Ay SOBREIRAS, quen ten que marcharse.
Eu non son quen de dicir que ten que marcharse e quen quedarse, e ti Sobreiras tampouco, pero si aljén tuvera que facelo seríades vos porque non jañastedes as eleccións en Cesures, máis ben perdéchelas. Como di o Bloque, enjanástedes aos votantes, colocando de alcaldesa a unha muller que non a queríades ver nin en pintura( e ajora tampouco) e Randulfe tería(s) que perder o posto de traballo, así que, como vos atrevedes a dicir quen ten que ir para casa. Para a casiña, tiña que ir o Randulfe si cumpría o que dicía, que non o creo nin eu nin ninjén, e así o que fai é vivir sen traballar, rascando os juev… e removendo co dedo os cubatas, vamos sin hincala.
Á vista das declaracións de checha e das deste outro, cidadáns de Cesures, ¿quen se tería que ir para a casa?

estudiante · 26-07-2008 a las 11:09

Co permiso do moderador das entradas, prejunto a Sabariz para que conte aljo neste sitio, pois onde vai que non temos noticias, ¿cómo vai o teu co PSOE?
Xa meteches á forza a aljúns afins no Pesoe de Cesures pero non son maioría, que tal como vai
Que di Oscar e mailo meu amijo Daniel
Que papel fai o Fruqui con vos
Que expectativas tes no pesoe de Cesures
Apartronte da súa disciplina´ou botáronte, como se lle queira chamar,,e ti pensas petar ainda así á porta dos que te apartaron.
Vaia papel xogaron os teu ahi dentro, primeiro piden a entrada e non vos queren, vos erre que erre forzades a entrada por outra vía, lojo tirades abaixo as decisións asamblearias do pesoe local facéndolle repetir por erros formales e cando corrixen eses erros dislle que non asistan ás xuntanzas. Desde lojo é un espectáculo bonito para os que nos toca velo como espectadores, pero teño que dicirche que o teu papel neste circo que ti montas neste pobo, tamén neste caso co pesoe, é digno dunha novela e se aljén a escribe cheja a best seller.
Pero xa hai que non se sabe nada.
Cóntanos aljo home.

Tiroliro II · 26-07-2008 a las 13:53

Pero de que estamos a falar..pódese amapliar a ponte da Illa para ter aceras gastando nada menos que 16 millón de euros,…e non se pode manter un tren de cercanías por unha vía que xa está feita, temos que insistir co tren, adiante.
Hai o do psoe de cesures, xa vedes o traballo polo pobo de Daniel, Oscar Gerpe, pichochos e damais familiares, cero total, andarán con congresos e caralladas para que os volvan a meter na lista das municipais, pero por Cesures nada de nada e para as seguintes resultado claro, ou un ou cero, son vagos, destrúen a todo o que se quere mover, o Chenlo pontificando nalgún bar na orella dos outros da camarilla socialista, o chu chu chu, pero algún nin coñece o pobo…

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-07-2008 a las 16:02

Pois non me corresponde a min dar impresións sobre o PSdeG-PSOE. Eu son un concelleiro non adscrito, «estudiante», e son alleo ás cuestións que plantexas. Pregúntalle ós afiliados, ou ós representantes do partido socialista en Pontecesures, como marchan as cousas.

sobreiras · 27-07-2008 a las 19:06

Vamos a continuar co boletín do BNG. En canto o campo de fútbol o que fixo Angueira foi cerrar a cantina con catro bloques e arreglar o muro que caia de maduro (por certo xestión de Sabariz). Despois de irse Sabariz o que fixo foi poñerlle a rede podre e vella encima do muro novo que quedou unha facha e que costou moito mais ter alí os homes a poñela dereita que comprar unha nova. Logo adecentáronse un pouco os vestiarios, xinnasio, etc. ca escola obradoiro pero xa co novo goberno no concello. En canto ao pabillón, o cambio da cuberta foi xestión de novo do Sr. Sabariz. Pero que fixeches tí? si nin pasabas polo Concello. ¿A quen queres enganar?. De novo a Escola Obradoiro pintou o pabillón, cerrou debaixo das gradas que estaba todo cheo de trastos vellos, etc. pero de novo en tempos do goberno actual. Pero a máis chamativo do boletín e a obra de ensanche do Camiño da Toxa. Sí señor, aínda vos atrevedes a nomeala. Escomenzades a obra «tres días antes das eleccións», ¡pero que chulería!. Unha obra que ten que adxudicar a Consellería de Medio Rural, porque é pagada totalmente por ela e vos chamadas a Caamaño e mandádeslle empezar só por ir o voto e despois venderlla aos veciños da Toxa no sábado de reflexión electoral, ¡que bonito!. Pero ademáis sin encomendarte nin a Dios nin o demo ofrecéslle o dono da casa para que che deixe facer a obra unha chea de arranxos dentro da casa que nada teñen que ver coa ampliación e todo pagado con cartiños do concello (de todos), que non teus. Todo o deixou vostede apalabrado e a quen lle quedou o marrón foi a novo goberno. Pero claro vostedes son boísimos e os demáis moi malos.Os que enganaron a este pobo durante oito anos foron estes señores e señoras chamados do BNG. ¿Porqué no nos conta que lle dixeron os de Medio Rural cando se enteraron de tal falcatruada?…

sobreiras · 27-07-2008 a las 19:14

Non gastedes mais cartos de afiliados ao BNG, para facer un Boletín que moi ben podiades titular : Vamos a contar mentiras, tralará, vamos a contar mentiras. Moi bonita a foto do Naútico, ou sexa non acompañáchedes a Sra. Delegada de Deportes a tomar un viño co Equipo de Goberno e quedáchedes alí vos soíños para facer a foto que agora poñedes de portada do Boletín. Pero olvidarvos, vos non inaugúraches o Naútico, cousas da vida, (tarde piaches)que o inaugurou a Sra. Alcaldesa Mª Isbel Castro Barreiro.

manolo · 27-07-2008 a las 19:54

Cóntalo como se fora para estar orgulloso, votou mil veces en contra da obra, vendeu o seu apoio cambio de ?, e inda por riba plancha o nome na placa. que asco.

Todo por o deporte do pobo!!!

sobreiras · 29-07-2008 a las 18:54

Manolo, a todo que eu conto só me contestas eso. Non tes máis argumentos. Será porque sabes que todo é certo. ¿E porqué non vamos a estar orgullosos da persoa que leva o bastón de mando no pobo?. Eu estouno e moito, moitísimo.Polo de pronto él está fora, na oposición. Pensaban que o goberno non iba a durar e o 16 de Xuño cumpleuse un ano da toma de posesión do novo goberno.

kalimero · 30-07-2008 a las 19:55

Me parto de risa leyendo el ??panfleto? este que llegó a casa.
Si, con Angueira de alcalde, las ??buenas relaciones? que mantenia con sus socios (Sabariz, Oscar y Maribel) eran su prioridad máxima. Vamos que las famosas discusiones con Oscar y Sabariz en realidad eran pasatiempos. Aquello era un ejemplo de ??entendimiento y buen rollito progre?. Y nosotros nos lo creiamos ¿eh sabariz? Que colegueo teniais Oscar, Angueira y tu.
¿para cuando van a felicitar al nuevo gobierno pq lograse la hierba artificial para el campo de futbol, para los niños? No, eso no interesa.
Por dios cuanta demagogia de esta secta llamada BNG de Pontecesures.

decesures · 15-08-2008 a las 00:40

Dende logo que en primeiro lugar as obras leváronse a cabo mentres estaba o goberno actual e Angueira non estaba asi que se se levou a diante foi grazas ós actuais políticos e non ós que están fóra, tamén é verdade que a situación política de Cesures é moi mala non pode ser que gobernen tres persoas pero tamén hai que admitir que dentro do que cabe aínda se están facendo cousas positivas e isto é un logro

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.