Derrubada a caseta que Portos de Galicia tiña no peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe Portos de Galicia procedeu a derrubar a caseta que tiña o ente no peirao de Pontecesures (na coñecida curva do «Telleiro»). Hai uns día desplomouse o tellado da edificación que non estaba utilizada dende hai tempo, e ante o perigo e o desuso optouse por non arranxala e derrubala definitivamente. Arestora permanecen na zona os escombros e o vello mobiliario destas oficinas.
A pequena caseta do peirao ten a súa historia. Estaba dividida en dúas oficinas. Nunha delas prestaron servizos durante moitos anos os funcionarios do peirao, e a outra estivo a ser utilizada como a sede da Asociación de Valeiros de Porto. Nos últimos tempos, Portos de Galicia pretendía que os locais foran utilizados por algunha asociación abonado a taxa correspondente pero non foi posibel e o edificio continuou deteriorándose.
Hai que lembrar que na obra de rehabilitación do peirao de Portos de Galicia tamén estaba previsto o derrubo do edificio na súa actual situación.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.