Vodas de prata par unha ilustre visita.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os nenos foron os protagonistas da visita do arcebispo a Cordeiro.

A parroquia de Cordeiro puxo no día de onte o punto e final á visita pastoral que levou ao arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio, a estar cos fregueses de todo o arciprestado de Iria-Flavia, do que forman parte os municipios de Valga e Pontecesures.
A visita comezou arredor das 11 da mañá na Capela de Vilar, onde monseñor mantivo un encontro cos veciños para escoitar as súas inquedanzas. Posteriormente, e acompañado polo vicario José Antonio Seoane, dirixíronse ao Auditorio Municipal, xunto co párroco, don Xesús Pazos, onde se reuniron coas integrantes da Asociación de Mulleres Rurais ??Albor?, para posteriormente subir ao Centro de Día a conversar cos maiores que asisten ao centro asistencial valgués.

Logo de visitar aos enfermos da parroquia que o pediron, e antes da celebración da misa, monseñor Julián Barrio quixo conversar cos nenos da catequese parroquial e coas catequistas para saber de primeira man cales son os temas que máis preocupan, tanto ás educadoras como aos cativos.

Deste xeito, o Arcebispo puxo o punto e final á visita pastoral que realizou a Iria-Flavia coa intención de non tardar outros vintecinco anos en volver polo que foi o berce do Apóstolo Santiago.

Pontecesures > O concello do Ulla tamén foi escenario da visita arcebispal na xornada do domingo. Medio cento de persoas, así como o párroco, a alcaldesa e outros membros da Corporación Municipal déronlle a benvida a Barrio na Capela do Pilar. Pero monseñor tamén se reuniu cos nenos e catequistas, e con enfermos do Concello de Pontecesures.

Á tarde, durante a misa solemne, cantada polo coro A Barcarola, o Arcebispo presidiu a confirmación de 25 mozos e adultos.

DIARIO DE AROUSA, 17/12/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.