Os veciños de Carreiras poxaron polos ramos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Carreiras iniciou onte os festexos da Raíña dos Anxos e fíxoo cunha misa cantada polo coro «A Barcarola» na igrexa parroquial de Pontecesures e cunha poxa de ramos que tivo lugar no campo da festa, que foi un atractivo desta primeira xornada de celebracións, por tratarse dun acto xa tradicional neste lugar do municipio cesureño.
Os veciños que acudiron á sesión vermouth puideron botar uns bailes coa música da orquestra Pontevedra que, pola noite, na verbena compartiu escenario coa agrupación Suavecito.
O programa de festas ten previsto para hoxe colchonetas a partir das catro da tarde, seguido dunha chocolatada e a actuación do dúo ?bice Capital.

DIARIO DE AROUSA, 11/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.