Dolores Villanueva, ‘Lola’, é a valeira máis veterana, leva 37 anos dedicada á pesca no Ulla ·· Foi a primeira muller en abrirse camiño neste mundo ·· Di que a temporada non foi mala, pero que a crise tirou os prezos
Dolores Villanueva, Lola, leva 37 anos dedicada a faenar no Ulla e na rÃa de Arousa, pese a nacer (hai 57 anos) terra dentro, en Vedra. A súa intromisión na arte da pesca da lamprea en Pontecesures, valeulle daquela algunhas crÃticas, precisamente por ser muller. A súa xesta hónraa porque abriu unha porta laboral para o sexo feminino nun mundo de homes. Só a comercialización do peixe corrÃa entón a cargo das mulleres, que nesta localidade teñen nome propio: as patifas.
_ ¿Como se iniciou nesta pesca?
_ Foi a través de Manolo, o meu home. El era valeiro, naceu co oficio nas mans. Eu non sabÃa nada das artes de pesca. Aterrei na lancha ao dÃa seguinte da miña voda con Manolo e de que viñésemos vivir a Carreiras. Disto xa hai 37 anos. Eu coñecÃa o Ulla porque pasaba preto de onde nacÃn, en Vedra. Mudei a terra e o arado, polo rÃo, o mar e as artes pesqueiras.
_ ¿Ser muller marcouna nesta profesión de valeira?
_ Penso que non. SÃntome moi orgullosa diso. Fun a primeira en faenar aquÃ, e boteime ó rÃo e ó mar como un home máis, sen amedrentarme. VivÃn momentos moi duros, nos que pensei estar máis ó outro lado ca neste, porque o mar é moi perigoso, e este rÃo moi traizoeiro. Tamén fun a primeira en sacar o tÃtulo de mecánico do litoral. AbrÃn un camiño. Daquela era eu soa coma muller, hoxe hai algunha baleira máis. Este é un traballo duro, pero sen el non sei vivir.
_ A campaña está a piques de rematar, ¿cal é a súa valoración?
_ A lamprea baixou moito nestes últimos anos. Xa non acordamos coller 90-100 nun dÃa, pero este ano non nos podemos queixar. Houbo dÃas de máis de 20 lampreas. Salvo as primeiras que se venderon a 70 â?¬ e que as collÃn eu, agora están a 20 â?¬ as grandes, a 10 as medianas e a 5 â?¬ as pequenas. Nótase a crise e que a xente non ten cartos.
_ ¿Bota vostede de menos os primeiros tempos?
_ Si. Daquela collÃanse as lampreas con redes, os tramallos, coma no Miño. Traballábase de noite, que é cando mellor se moven, coa punta da agua e coa caÃda do mar. Aquel si que era traballo. Hoxe, cos vituróns é máis doado, pesca calquera. A miña vida está ligada á lamprea. Criei 9 fillos, cinco deles (incluÃda unha filla), dedicánse hoxe a este oficio, e tamén van coma min ó chopo, á anguÃa e á solla. Conseguimos que a pesca da lamprea se ampliase ata o 15 de abril, pero deberÃan permitir máis nasas, 10 en vez de 8, porque cando non se pesca, non se come.
A FRASE
«A lamprea baixou moito. Xa non acordo dÃas de 90-100 pezas, pero este ano houbo dÃas de máis de vinte»
EL CORREO GALLEGO, 03/04/09
Deja una respuesta