Nota do goberno local en contestación ao BNG pola tala das árbores na praza do «Coche de Pedra».
NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE AS AFIRMACI?NS DO BNG DE PONTECESURES EN CANTO Á TALA DAS ÁRBORES DA PRAZA DO ??COCHE DE PEDRA?.
En relación coa nota do BNG de Pontecesures, queremos manifestar o seguinte:
1. As alineacións de cupresáceas da praza foron taladas porque se atopaban en fase de senescencia, ou sexa árbores moi envellecidas (percibíase claramente o seu mal estado á vista). Naturalmente vanse plantar na praza novas árbores e incluso unha pérgola con prantas trepadoras.
2. A decisión foi moi meditada e levounos bastante tempo. ? realmente triste sempre, verse na obriga de talar árbores.
3. No pleno ordinario do luns 25 de maio dárase todo tipo de información exhaustiva e documentada sobre os fundamentos que motivaron a tala das árbores. Dita documentación estará a disposición de tódos os concelleiros e dos veciños que o desexen. Facemos un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno. O debate sempre é a forma máis segura de recibir á información. Os monólogos e as informacións interesadas sempre teñen pouca obxectividade.
4. Esperamos que a obra da praza, que vai quedar agora con bastante máis superficie, sexa do gusto da maioría dos cesureños. Por iso estamos a traballar.
5. Non entendemos como o BNG formula críticas sen coñecemento das razóns que motivaron a curta das árbores. Politizar as obras e lanzar mensaxes interesados para confundir á poboación, denota unha certa inquedanza por parte dos nacionalistas. A critica destructiva virase na súa contra cando rematen as obras das rúas centrais. Estamos seguros.
Pontecesures, 22 de maio de 2009
18 comentarios
laranxa · 25-05-2009 a las 08:52
Vaia cara dura a deste governo!!que as arbores estaban en fase de…outros intentan conservar e protexer as arbores e o entorno e vostedes amparanse en que estaban deteriorados é vellos,hai metodos e tratamentos para recperacions de arboles danadas,segun deduzo desta nota o que esta vello é deteriorado non serve,calqer dia,con ESTES ó frente arrasan con todo,xa o estan a facer coas farolas do enorno da plazuela…Vai defensores do entorno,da natureza,da cultura do bo facer!!!…Son uns impresentables!!!
matacristos · 25-05-2009 a las 11:39
Vaia cara dura estes gobernantes ,os arboles estaban ven ,oque pasa que non esperabades as criticas da xente ,ou van a decir que esta marabilloso como di o Sabariz,,non oes as criticas polo pueblo ou eres sordo cando non che conven,ahora buscades argumentos de todo tipo,non sodes creibles basta xa de trapalladas,e ahora para quedar ven ides a plantar outros,despois da desfeita que fixeches non vale eso habia que explicalo antes de cortalos,ahora non veñades a remendar.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 13:24
Ven ao pleno, «matacristos», e deixate de falar de trapalladas. Como dis que hai moitas críticas, espero un pleno multitudinario, con xente incluso fóra do salón.
Ogallá teñamos moita xente para dar as explicación oportunas.
O Rei · 25-05-2009 a las 13:38
Espero que vaia moita xente ó pleno e que se den as explicación oportunas, pero tamén espero que se transcriban logo nesta páxina. Hai xente que por diversos motivos non podemos asistir ó mesmo.
Sorte
matacristos · 25-05-2009 a las 13:59
EU non vou o pleno nin borracho, non vale a pena,non te preocupes Sabariz que a xente non acude ,pasa olimpicamente de vos,xa pasara factura nas urnas,eso espero.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 14:10
Segue a situación surrealista, «matacristos». Queres que non vaia xente ao pleno. As razóns vanse esfumando, e queda a manipulación e a covardía. Vouche contar unha anécdota do alcalde anterior cando ocupaba o cargo: Un pouco antes de comezar un pleno entraban tres ou catro persoas, creo que eran de Condide, con interese nunha cuestión que se ía tratar. Na porta díxolle, e xa sabemos con que intención: «A que vides aquí». Incrible que o BNG de Pontecesures poida apoiar ese tipo de actitudes. Pois a túa posición lembra un pouco todo isto.
Xa te estás curando en saúde por se van pouca xente ao pleno. Mal asunto.
o chiquitas · 25-05-2009 a las 14:20
Non Rei aqui a xente non vai os plenos esta moi queimada,non hay nada que oir ,sempre teñen o as para matar o tres,esta e a politica que hay neste pobo. Un saudo Rei.
Martin T. · 25-05-2009 a las 14:53
«percibíase claramente o seu mal estado á vista» ¿non serías ti o que ten mal a vista? eu non entendo, ti es o ?NICO que oe a xente decir «que bonito quedou» «que ben vai quedar» «as ábores estan feas e vellas», eu ata o de agora non oín en ningún momento ningunha frase de esas, ata o de agora oín moitas críticas sobre a nova iluminación (por diversos motivos) excepto unha persoa que dixo que lle gustaban. E sobre a tala das árbores, creo que todo o pobo opina que non estaban feas e que deberían de seguir ali. Polo tanto, repito ¿seguro que estades ben da vista?
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 16:51
Xa comezas a poñer desculpas, «o chiquitas». ¿Non será que o globo vai diminuíndo de tamaño?. Críticas coordinadas con distintos nomes, quérese formar unha opinión de gran crispación, ninguén dos críticos quere vir ao pleno, ninguén da a cara con nomes e apelidos….Moito ruído, xa sabedes o resto.
¿As luminarias?. Gùstanlle a moita xente, e cada vez a máis. «Martin T.». ¿Que as árbores, non estaban danadas? Home, para moita xente é indiscutible que sí o estaban, e profesionais da materia son da mesma opinión. Reitéroche que foi unha decisión difícil. Claro que non gusta talar árbores.
error07 · 25-05-2009 a las 17:47
Aqui tenemos al sabariz, que iva de «amante de la naturaleza» cuando fue en contra de la finsa y ahora resulta que corta los pocos arboles que hay en el centro del pueblo. y la madera de los arboles?vendida a la finsa??jajajaj ya seria el colmo!!
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 18:12
Tamén se informará sobre a retirada da madeira. Veña «error07» ¡Ao pleno!
pandorcas · 26-05-2009 a las 16:51
y digo yo HAY QUE ANTICIPARSE AL FUTURO e non esperar a ver que di a xente para despois pensar e intentar sacoa a zoca pero hai cousas que non teñen marcha atras como e recolocar as arbores xa que non pensaches nada de nada
O Rei · 26-05-2009 a las 17:29
Non hai ningunha entrada ou comentario sobre o pleno de onte. Ou é que as razóns foron convincentes para todo o mundo ou é que non interesa. A verdade é que a min si que me interesan as razóns. Si é que estaban «enfermos», supoño que sería unha enfermidade terminal, sen cura posible.
estudiante · 26-05-2009 a las 18:27
? raro que o portavos do joberno non dixera nada ainda sobre como foi o pleno, se conoce que non lle foi alá moi ben nel. Cóntanme que onte o joberno levou leña( nunca mellor dito) hasta no carné de identidad, sobre todo no referente ó comportamento lamentable que tivo o joberno coa Feira do automóbil e tamén coa corta dos árbores. Seica puxeron fino o Sabarís que disque que leeu un memorandun científico pero que non lle valeu de nada porque os do bloque tamén trouxeron unha experta en bioloxía a mirar os árboles e seica estaban perfectamente. En fin unha comedia.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 a las 18:32
Pois se deron explicacións sobre a tala das árbores e houbo debate. Unha mágoa que no público só houbese catorce persoas.
Din conta do informe emitido por Laureano Soage Soto, técnico arborista e membro da Asociación Española de Arboricultura.
O texto integro do informe xa foi enviado a Antonio Cortés para facer un enlace e poder consultalo nesta páxina.
Agora, voucho envíar a tí «O Rei», ao teu enderezo de correo electrónico.
Saúdos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 a las 18:58
Pero de que leña falas «estudiante». Quedei moi contento do sucedido no pleno. Déronse todo tipo de informacións. Houbo debate e cada un expuso o que quiso sobre a Lei da memoria histórica, sobre os tranxénicos, sobre a orixe da lamprea da festa, sobre as árbores taladas, sobre fegaclasic….¿Que a min me puxeron fino?. Non entendo nada. Estás a largar por largar coa intención de prexudicarnos.
Por certo: moito «laranxa», «o chiquitas», «estudiante», «error07», «pandorcas»….pero no pleno ninguén. Eramos 24 persoas entre concelleiros e público. O globo baixa amiguiños, tanta contestación social, tanto escándalo…. Nada de nada, faroles e máis faroles. Moitos alcumes pero poucas persoas físicas. Próximas sí, pero contadas tamén.
estudiante · 26-05-2009 a las 21:45
Pois non che fai moito caso a ti a xente, todo o dia a meter a de Dios con al pleno, en el pleno, ali contarei, ali direi, al pleno, todo el mundo al pleno que a mi me gusta el debate, ect, ect, e lojo non che vai nin o tato, debe ser que a xente ni te quere ver nin oir, ja, ja ,ja.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 a las 23:09
Cumprin coa miña obriga, e din todo tipo de explicacións. Non o digo por chulería, pero comeza a resultar absurdo perder o tempo contestando comentarios intrascendentes. A vosa norma, «estudiante», e tratar de ridiculizarme, de chamarme de todo (saia o tema que saia), de provocar…. como táctica preconcebida, con poucas persoas ligadas a un sector da corporación e utilizando moitos alcumes para demostrar que hai un auténtico clamor de protestas no pobo. Alá vos se credes que iso é efectivo. Sabedes, mellor que ninguén, que non é certo.
Por todo isto digo que o globo que inchachedes o mesmo día da perda da alcaldía, xa é cada vez máis pequeniño.