O desgoberno cesureño continúa coas súas

Publicado por bngpontecesures en

O BNG de Pontecesures quere felicitar á ASOCIACI?N MIRÁNDOLLE OS DENTES polo éxito da Feira do automóbil FEGACLASIC celebrada os pasados 16 e 17 de maio. Durante estes 2 días foron moitos os visitantes a este evento de distintos lugares de Galicia, así como doutros lugares do estado español no que tiveron a posibilidade de ver de primeira man a amplia exposición de automóbiles antigos de todo tipo que ofrecía a Feira e tamén de mercar recambios para vehículos clásicos que se ofertaban nos stands que se instalaron para a ocasión.

Esta feira supón un antes e un despois no auxe de Pontecesures como referente de feiras destas características, facéndolle recuperar ao noso pobo a condición de pioneiro en feiras do automóbil antigo e, ao mesmo tempo, dándolle proxección a nivel de toda a península ibérica ao Concello de Pontecesures.

O BNG tamén quere calificar de lamentable a ausencia da primeira autoridade do pobo, a señora Alcaldesa, nos actos desta feira nos cales non fixo acto de presencia en nengún dos días. Tamén lamentamos e criticamos que o Concello de Pontecesures non fixera nengún tipo de aportación económica a esta feira e ademáis puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que este evento se desenvolvese con normalidade.

Así, non se cortou o tráfico rodado polo centro do pobo no momento da ofrenda floral no monumento do Coche de Pedra, denegar por parte do concello á organización da feira a utilización dos baños da plaza de abastos aos visitantes da feira, por poñer algúns exemplos.

A Asociación Mirándolle os Dentes tiñan solicitado por escrito tanto o corte de tráfico, que non chegou a producirse; e a utilización dos baños, que lles foi denegada tamén por escrito. Para nós estas actitudes son reprobables e son unha mostra máis do talante antidemocrático do goberno que estamos a padecer en Pontecesures.

O BNG considera que esta feira dalle un lugar privilexiado a Pontecesures no eido da compraventa e exposición de vehículos clásicos e pezas para os mesmos. E nesta ocasión o goberno local de Pontecesures, encabezado pola Sra. Alcaldesa, non estivo á altura á hora de apoiar como corresponde a unha actividade que tanta proxección lle dá ao noso pobo.

Entendemos que o equipo de goberno actuou por revancha ao poñer impedimentos para a celebración da Fegaclasic e que pretenden dividir aos veciños de Pontecesures con estas actitudes pouco democráticas.


12 comentarios

Martin T. · 24-05-2009 a las 15:00

? sorprendente que o concello so esté a hora de colgarse medallas. Este goberno non mira polo ben do pobo (QUE ? O SEU DEBER), so quere levar o 100% do merito dos acontecementos e colgarse medallas para as próximas eleccións. ? lamentable.

manolo o do bombo · 24-05-2009 a las 17:47

Mais que lamentable,si fora un veciño calquera o que cortara os arboles,iba lle caer unha gorda,e despois esa pandilla de impresentables dormen tranquilos de noite non lle remorde a conciencia,e presumen de verdadeiros étcetera.

pandorcas · 24-05-2009 a las 19:00

Todo nesta vida ten unha parte positiva e neste caso, o das arbores da plaza do coche, e para que vexamos pasar o tren dende a veirarrúa de enfrente ¡Non esta nada mal!Agardemos que non tiren tamen o coche porque na vila hai a quen lle gusta DESFACER O FEITO.
Parece que teñen lagoas de mamoria porque moitos deles xa estaban ao redor do poder naquele epoca

matacristos · 24-05-2009 a las 20:24

Por desgracia o mellor nin vemos tren si ven o ave que aberracion cortar os arboles,que pouco sentido comun,maximo dos politicos,si chega a ser noutro sitio quedan eles como os arboles,osea cortados pola mitad.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-05-2009 a las 23:21

Ao pleno, todos ao pleno. Xa tedes un bo avance nas notas do goberno local. Pero hai que debater na sesión ou onde faga falta.

Pelexo · 25-05-2009 a las 08:46

¡Ao Pleno!, ¡Ao Pleno!; e a qué hora é?, e cal é a orde do día, porque ou estou chosco, ou non a vín; a orde do día intúese, ibi, abetos, feiras, rogos e preguntas..

manolo o do bombo · 25-05-2009 a las 11:45

O pleno ,nunca fun nin penso ir,para que ver as caras de payasos ,e mellor ir o circo que polo menon fan te rir e no pleno dara ganas de llorar.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 13:36

¿Que ti non fuches nunca a un pleno, «manolo o do bombo»?. Non me fagas rir.
Resulta, cando menos curioso, que fales de circo nos plenos. Iso é o que dicía o alcalde anterior cando non quería dar explicacións (levantaba as sesións sen contestar ás preguntas, faltaba a varios plenos para eludir cuestións importantes como comidas con acompañantes sen xustificar, consumo imposible de gasoil..). Como se che pegou o termo, intúo que andas na mesma órbita.
Agora non pasa iso. Contéstase, explícase e debátese. Como debe ser.
O vosa tese é insólita. En todos os gobernos, as oposicións, e por suposto os seus seguidores, coma «manolo o do bombo» critican que non se conteste ás preguntas, que non se dea información. En Pontecesures, ó mundo ao revés. O goberno quere explicar e os que critican non queren que explique. ¡Como queredes manipular á opinión pública!. A extratexia é que se transmita só a vosa copla. Teremos que cantar todos, ¿Ou non?. E non me chames cantamañanas facendo un chiste doado.

manolo o do bombo · 25-05-2009 a las 14:09

Estas moi equivocado nunca fun,queiralo creer o non,¿que contestades, que explicades,mentiras mais mentiras?,e si cantar,cantades bastante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 14:14

Vexo que te me botas atrás, «manolo o do bombo». Sabes que non son mintireiro. Tes que vir á sesión. Non queremos cantar «a capela». Queda ben un bombo.

manolo o do bombo · 25-05-2009 a las 14:31

Deixate de paxaradas Sabariz,pasoooo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 a las 17:00

Non pasas, non. Tratas de facer un labor de desgaste, pero quedas en nada. Cando non se da a cara, pasan estas cousas. Con chamar pallaso, impresentable ou mintireiro a calquera de nós non está todo arranxado.

Responder a manolo o do bombo Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.