Xa basta de enganos

Publicado por bngpontecesures en

Para todos

O BNG de Pontecesures ao respecto da instalación da rede wifi municipal quere manifestar o seguinte :

Como supoñíamos e denunciamos en diferentes ocasións (nos plenos e medios de comunicación) a rede wifi aínda non està operativa, a pesares de que o concelleiro do partido popular Rafael Randulfe, (así tamén o fixo o tránsfuga Sabariz), prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008.

Así nos invadían nos medios de comunicación en febrero de 2008 ?? Pontecesures contará con wifi gratuito en todo su territorio. El sistema llegará a todos los núcleos a través de 14 antenas conectadas a un ordenador situado?? En noviembre dese mesmo ano o desgoberno municipal emitía un novo comunicado ao pobo a través da prensa escrita con expresións como: ??Pontecesures tendrá su red inalámbrica de comunicación antes de que expire 2008, a pesar de que se ha ido encontrando con diversas dificultades en el proceso de instalación?. Pero de rede wifi nada de nada.

En marzo de 2008 o tránsfuga, a través dos medios afirma que ??Pontecesures contará con rede wifi en el plazo de un mes logo de asinar o contrato coa empresa o 25 de marzo? . O mesmo anuncio se fai en agosto e a mesma información se da no pleno de setembro, que en mes, mes e medio, estará a rede operativa en todo o término municipal. Mentira tras mentira como o demostra a realidade.

Unha vez mais Rafael Randulfe engana aos veciños/as de Pontecesures . As súas mentiras e artimañas xa non collen por sorpresa a ninguén . Recordemos que xurou non dar na pasada investidura a alcaldia a Maribel Castro e chegado o día do pleno non tivo escrúpulos en apoiar a Sra Castro colocando de alcaldesa ao candidato menos votado .

A pesares disto o mais grave, como sospeitamos , é que tan só se colocaron tres antenas da citada rede , ubicándose as mesmas nas rúas centrais do noso pobo, esto implica, como denunciamos en moitos plenos, que a rede wifi só abarcará unha mínima parte do municipio quedando moitos veciños sen cobertura.

Este desgoberno segue a menospreciar aos cidadáns de Cesures e clasificaos en dúas categorias: os de primeira e os de segunda. Queremos recordarlle ao goberno municipal que todos os cidadáns pagan impostos por igual e polo tanto teñen os mesmos dereitos . Este trato desigual xa ocurreu cos fondos estatais que foron invertidos por completo nas rúas centrais .

O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que deixe de enganar constantemente ao pobo, que a rede sexa realidade dunha vez por todas (a empresa incumpríu todos os prazos establecidos no contrato que fixo co concello e este mira para outro lado) e sobre todo que o servicio de internet wifi chegue a todos/as veciños/as do noso pobo e que non continue menospreciando a maior parte da poboación recordándolle ademais que é alcaldesa de todos/as por igual.

Grupo Municipal do BNG
Nota íntegra enviada aos medios


9 comentarios

charly · 25-10-2009 a las 13:21

Noraboa ao BNG.esta vez,por tocar un tema,que e verdade nesta ocasion.
esta vez teño que darlle parabens.
saludos

pontecesurex · 26-10-2009 a las 10:32

Non sei como con unha cousa tan sencilla coma colocar unha rede wifi, se pode votar tanto tempo, parece xa unha tomadura de pelo. Debe ser que a empresa que a monta dara a man con algun membro do goberno, porque senon non se entende, como no se manda o carallo a mesma, despois de incumplir todolos plazos.

manolo o do bombo · 26-10-2009 a las 12:13

PORQUE SON UNS VERDADEROS INCONPETENTES ,solo valen para os cartiños.

pontecesurex · 29-10-2009 a las 18:11

O si, para cobrar ben si, que mil eurista hay no ayuntamento non creo que haxa nadie.

matacristos · 29-10-2009 a las 19:32

Por eso se matan tanto os politicos,para encher os bolsillos

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2009 a las 19:56

Home, «matacristos», o desánimo da xente coas actuacións de certos políticos é evidente, pero non se pode xeralizar.
¿Que terá que ver a demora ou a ineficacia no tema do WIFI, con que alguén se leve cartos?. Hai que escribir con seriedade. Criticas de mala xestión, retrasos nos trámites, demoras da empresa, etc.., pode haber moitas. Pero dicir que alguén se embolsou cartos é unha frase feita que non ven a conto. Obviamente, á empresa do WIFI aínda non cobrou un céntimo do concello (nin da Deputación, claro).

matacristos · 30-10-2009 a las 10:12

Non era polo tema da wifi listillo ,si te sintes aludido fastidiate.

pontecesurex · 3-11-2009 a las 17:00

Por certo tamen se decia que se iva arreglar a rede da biblioteca e tamen debeu quedar todo no olvido.
Se por prometer, prometese o que faga falta, polos menos sabemos que temos vos politicos, non sei como non se vos queda pequeno o ayuntamento e pegades un salto nacional, porque lavia tedes de carallo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-11-2009 a las 19:54

En horario da biblioteca, a rede WIFI interna funciona perfectamente. De feito tamén chega aos numerosos usuarios que rodean o edificio con portátiles nos coches.
A rede externa non se está a conectar, porque o uso indebido (descargas de películas, etc…)impide o uso da rede interna para os usuarios da biblioteca.
De todos os xeitos, de 20 horas da noite á 9 da mañá vaise deixar conectada a rede externa. Mañá esté previsto que se faga un arranxo na instalación para posibilitar isto.
Eu non vou pegar saltos, «pontecesurex». Son amateur, e coa política local xa me chega ben.
Saúdos.

Responder a pontecesurex Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.