No Plan de Cooperación 2010, inclúese a obra «Saneamento e pavimentación dos accesos a Porto de Arriba».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Neste plan, ao Concello de Pontecesures correspóndelle en 2010 a cantidade de 39.861,87 euros (o MAP achega o 40%, a Deputación de Pontevedra o 30%, e o Concello de Pontecesures tamén o 30%).

Con esta obra dotarase de saneamento á rúa de Porto que, dende o Camiño dos Mariñeiros (actualmente en obras), conduce a Porto de Arriba. Nesta rúa vaise repoñer o saneamento, vaise reducir a forte pendente que causa un perigo considerable e vaise ampliar nalgúns puntos. Hai uns días celebrouse na Casa do Concello unha xuntanza cos veciños afectados co fin de dar a coñecer as intencións do goberno local e solicitar a colaboración para gañar anchura nalgúns puntos. A reunión foi moi positiva acadándose o acordo por parte de todos. Agora só aqueda esperar a aprobación do plan por parte da Administración do Estado, para elaborar o documento técnico da obra e executala no próximo verano.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.