Xosé Antonio Baliñas renuncia como concelleiro de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe, presentou un escrito de renuncia coma concelleiro de Pontecesures, Xosé Antonio Baliñas, que pertencía ao grupo do BNG, aludindo a razóns persoais.
Xosé Antonio Baliñas, leva case 7 anos coma concelleiro. Saíu elixido como nº3 da lista do BNG nas eleccións locais 2003 e formou parte do goberno presidido por Manuel Luis Álvarez Angueira (concelleiro de educacion e de medio ambiente).
En 2007 tamén foi elixido na lista nacionalista e formaba parte da oposición.
Agora no vindeiro pleno adoptarase acordo de coñecemento e solicitarase á Xunta Electoral a credencial do seguinte na lista do BNG para substituir a Baliñas. En principio será Maía Teresa Tocino Barreiro que ía de nº 6 na lista.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.