Hoxe, 22 de xuño, ás 19 horas, reunión sobre as inscripcións da fachada da Igrexa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para hoxe martes, 22 de xuño, foron convocados ás 19 horas os representantes na corporación das forzas políticas co obxecto de analizar a postura do Arcebispado de Santiago en relación coa petición de retirada dos nomes na fachada da Igrexa solicitada polo BNG de Pontecesures en base á normativa da memoria histórica, e acordada polo pleno.

Tamén están convocadas as personas que mostraron a súa disconformidade coa retirada no prazo de exposición pública concedido polo concello no expediente. Presentáronse 6 escritos con 59 sinaturas de familiares e veciños en xeral. A prol da retirada non houbo escrito algún.


3 comentarios

eolo · 22-06-2010 a las 19:37

«A prol da retirada non houbo escrito algún»

Nin ten porque habelo. Penso que non é custión de ver cantos a favor e cantos en contra. ? mais, penso que só se deberían ter en conta aquelas alegacións que teñan un interés directo (vexase, familiares); aqueles que pensen que se dege cumprir a lei de memoria histórica, non teñen porque presentar ningún escrito de apoio a retirada, simplemente esperarán a que se cumpra.
Sobre este asunto hai que andar con moito tento porque haberá quen pense que non hai motivos para a retirada e quen se sinta ofendido pola súa presenza.
De todos modos, é unha modesta opinión porque non coñezo en profundidade o alcance da Lei.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-06-2010 a las 21:52

A maioría das sinaturas, «eolo», son de familiares dos inscritos e todas son contrarias á retirada. Xa dixen moitas veces que eu en trinta anos que levo por aquí nunca oira falar desa placa a ninguén. Nin no concello, nin na casa, nin en charla algunha con veciños. Penso que non é motivo de conflito e así o comenta toda a xente. E de todas as tendencias políticas.

eolo · 22-06-2010 a las 22:21

Non teño as cousas claras, polo que a miña opinión pode variar en función dos argumentos que se poñan enriba da mesa, pero o certo é que existe unha lei, que tardou moitos anos en sacala e que ten que modificar moitas cousas e moitos símbolos que, ainda hoxe despois de 70 anos da guerra civil, están presentes na vida cotidiana.
A mín, particularmente, non me gusta ver as inscripcións nas fachadas das igrexas recordando os mortos dun bando como si fosen heróes cando, do outro, aínda hai moitos mortos «descansando» nas cunetas ou sabe o noso Deus (e a igrexa) onde.
Tampouco debemos esquecer o papel xogado pola igrexa que non foi, precisamente, imparcial.
Non, non me gusta, por moito que respete as súas familias, pero eiquí estamos a falar de símbolos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.