O Náutico de Pontecesures terceiro en piragüismo de base.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Cando á tempada de piragüismo lle quedan xa só dous telediarios, a Federación Galega de Piragüismo vén de facer públicas as clasificacións finais da maioría das copas galegas que se disputaron ao longo do presente ano. E unha campaña máis, o As Torres-Romaría Vikinga figura coma referente entre os equipos do Baixo Ulla e do Salnés a nivel de resultados colectivos.
Así, logo de selar a pasada fin de semana o subcampionato da Liga Nacional de Jóvenes Promesas en augas de Castelldefls, Barcelona, o club catoirense pode presumir xa oficialmente do título de gañador da Copa Galega de Promoción, e do segundo posto no podio da Copa Galega de Pista.
Na primeira competición, completada o pasado 28 de agosto coa celebración do Campionato Galego de Promoción en Verducido, As Torres, con 420 puntos, aventaxou con claridadade o seu inmediato perseguidor, o Náutico Firrete (404), gañando seis das sete regatas puntuables. Todas, agás a penúltima, o 8 de agosto en Ferrol. O Náutico Pontecesures, que alternou a partes iguais segundos e terceiros postos nas probas da Copa, completou o podio a tan só 2 puntos do Firrete, realzando deste xeito o traballo de formación realizado no Baixo Ulla.
O Breogán foi sexto, con 380 puntos, mentres que o Piragüismo A Illa rozou o top ten con 357, a só dous do Ría de Aldán.
A pista, a modalidade raíña do piragüismo polo seu peso no programa olímpico, tivo unha vez máis no Kayak Tudense o seu gran dominador, co As Torres-Romaría Vikinga segundo a 10 puntos do campión da Copa Galega. Neste caso o conxunto catoirense tivo que sufrir o dominio case absoluto do Tudense, gañador de sete das oito probas do calendario. Incluído o Campinato de España Sénior e Xuvenil da derradeira fin de semana de agosto. Media ducia de segundos postos, un terceiro e un sexto foron a bagaxe das Torres ao longo da tempada.
Entre os dez mellores clubs de pista a nivel autonómico figuran este ano tamén o Breogán do Grove, quinto con 328 puntos, e o Piragüismo A Illa, noveno con 304. O Náutico O Muíño (293 puntos) quedou decimoterceiro a 9 puntos do décimo, o Piragüismo Vilaboa.
A falta de pechar a Copa Galega de Ríos, o piragüismo arousán disfruta de catro podios por equipos a nivel autonómico, ao sumárselles aos das Torres e ao do Náutico Pontecesures o subcampionato do Piragüismo Cambados na Copa Galega de Kaiak de Mar. O equipo da vila do albariño rematou a media ducia de regatas puntuables con 242 puntos, tan só por detrás do Confraría de Pescadores Portonovo, con 250.
Na Copa Galega de Veteráns o Breogán foi o mellor dos representantes arousáns, sexto na clasificación xeral con 190 puntos nas catro probas calendadas.

LA VOZ DE GALICIA. 08/09/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.