A polémica da festa dos ovos con chourizo en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O caso da festa dos ovos con chourizo de Pontecesures tivo unha historia moi peculiar. Esta celebración comezouse facendo en 1991 para recuperar a tradicional comida campestre que seguía ás actividades relixiosas de San Lázaro. Nin veciños nin restauradores estiveron nunca de todo de acordo con que a homenaxe gastronómica fose para este produto. «Esto no tiene sentido. Hacer la fiesta de los chorizos en Cesures, es igual que hacer la del marisco en Lalín y la del cocido en O Grove. Cada cosa tiene su lugar y Cesures debía buscar un producto autóctono para ofrecer a los romeros», sinalaba un restaurador.
Ao que fora alcalde de Pontecesures alá polo ano 1996, Victoriano Trenco Romay, tampouco chegou nunca a agradarlle esta celebración. De feito, o rexedor engadiu a súa extinción no programa de goberno que o levou a ser elixido primeiro edil.
Finalmente, a festa dos ovos con chourizo, desaparecía tamén nun clima discordante para dar a benvida á Festa da Lamprea, un produto típico da zona do Ulla que os veciños acolleron de bo grado por ser «verdadeiramente representativa de Pontecesures e da súa gastronomía».

LA VOZ DE GALICIA, 19/09/10


2 comentarios

sobreiras · 20-09-2010 a las 15:40

Si, pero aquel alcalde tiña unha razón poderosísima para non facer a festa da lamprea, que xa existía unha festa da lamprea na provincia de Pontevedra, a de Arbo. Facela aquí, para el non era máis que unha copia. Por outra banda, eu penso que calquer pobo de Galicia podería facer a festa de ovos con chourizos, pois é un dos platos máis exquisitos, que lle gustan a todo o mundo. De feito, sí hai un pobo que a celebra ahora, lino nalgún sitio, pero non recordo o seu nome.

sobreiras · 20-09-2010 a las 15:44

Xa me acordo. Celébrase en Pazos de Borbén, na parroquia de Nespereira. Non vexo que mal ten facer esta festa.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.