Informada favorablemente a Conta Xeral 2009 do Concello de Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na sesión celebrada no día de hoxe pola Comisión Especial de Contas, Facenda e Patrimonio, infomouse favorablemente a Conta Xeral 2009 por tres votos a favor (a alcaldesa, Javier Quintá e Luis Sabariz) e dúas abstencións do BNG (Cecilia Tarela e Mayte Tocino). Agora hai que expoñer o documento ao público no BOP antes do seu somentemento ao pleno.
Por outra banda, e coa mismo votación, informouse favorablemente un expediente de modificación de créditos para afrontar o custo das actuacións dos alumnos/as do obradoiro de emprego e a achega municipal dunha obra que vai subvencionar a Consellería de Industria de melloras na Praza de Abastos de Pontecesures. Esta asunto foi presentado por urxencia na sesión por parte do goberno local.


8 comentarios

arredemo · 8-10-2010 a las 08:26

Entendo que hai que ampliar o crédito para seguir sufragando o obradoiro de emprego? O custo presupuestado inicialmente xa foi superado?

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-10-2010 a las 13:54

O concello, para o obradoiro, ten que asumir o custo do importe das obras (os salarios, custos sociais e custos de ensino son subvencionados ao 100%) e estas van ter un custo inferior ao que se reflicte no proxecto. Pero agora hai que regularizar e dotar no orzamento prorrogado as cantidades que hai que aboar, «arredemo» con cargo ao remanente de tesourería, e distinguir ademais os gastos correntes dos gastos de investimento segundo a normativa sobre a estrutura orzamentaria.
Cando remate o obradoiro faranse públicas as cifras definitivas de custo por actuación (ximnasio e vestiarios no pavillón, calefacción na biblioteca, paneis solares no pavillón, zona de esparcemento en Porto, fontes, etc….

arredemo · 8-10-2010 a las 14:59

Vale, paréceme moi ben, pero repito a pregunta, superáronse as cantidades orzamentadas, tanto en gastos correntes com de investimento, como vostede di?

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-10-2010 a las 15:18

Nos orzamentos de 2009, consignáronse 23.000 euros para gastos do concello polo obradoiro é ademáis asumíronse outras facturas coma gasto corrente. Obviamente hai que destinar agora unha cantidade superior nesta modificación orzamentaria. Podes vir comprobar cando queiras o que vai gastado coas facturas, albaráns, etc… Ademais explicarase este tema no pleno da aprobación do expediente.

Cara de cona · 9-10-2010 a las 17:47

pleno?….pero cando e o pleno?…iran as tias do obradoiro?….

Tiroliro II · 9-10-2010 a las 18:32

estos obradoiros valen para pouco, gastanse cartos, pero para encontrar despois traballo nada, son cartos perdidos e tiñan que suprimir todo este gasto, e un mal exemplo

arredemo · 11-10-2010 a las 08:41

e para remate, poñedes o pleno con carácter de urxencia, un día que moita xente fai ponte, e ademais ás dúas da tarde, cando normalmente convócanse as nove da noite? esto é actuar ás agachadas para pasar o trámite sin facer moito ruido.
Sospeitoso, moi sospeitoso.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-10-2010 a las 09:41

Los plenos bimensuales, que son a las 20:30 o 21:00 horas, son los ordinarios que tienen día y hora prefijada «arredemo». Ciertamente a mi tampoco me gusta que se convoquen sesiones de mañana aunque sean extraordinarias. Pero es importante enviar cuanto antes la documentación a la Consellería de Traballo e influyen, además, cuestiones de disponibilidad de personal del concello.
No veas cosas raras, siempre informé de la hora de los plenos e hice llamamientos para que acudieran vecinos. Desgraciadamente vienen muy pocos (en el último ordinario los espectadores no llegaron a 12, casi siempre los mismos).
Todo está muy claro y no hai intención de esonder nada. Ayer mismo se publicó en este medio y en la prensa el tema del expediente de modificación de créditos informando del importe global. Además, los medios están convocados como a todos los plenos. ¿Dónde está el ocultismo?.
Por cierto, todos los miembros de la corporación y todos los vecinos tienen a su disposición las facturas del coste de las actuaciones del obradoiro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.