O Xerente de Atención Primaria de Santiago visita o luns Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O luns, 18 de outubro, ás 10:30 horas, visitará a Casa do Concello, Manuel Ventosa Rial que virá acompañado do Xerente de Atención Primaria de Pontevedra, Manuel Castro Pazos. Vaise oficializar así a adscrición do Centro de Saúde de Pontecesures á Xerencia de Santiago a todos os efectos (ata o de agora só dependíamos na asistencia hospitalaria). A decisión deste cambio de Pontevedra a Santiago foi decidida polo SERGAS logo dunha petición do concello por acordo plenario.

Visitará o Sr. Ventosa as instalacións sanitarias, e trasladarémoslle as
necesidades tantas veces plantexadas polo Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.