Rematada a obra na Casa de Cultura e entorno. A biblioteca contará con calefacción.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hai uns días rematou esta obra do Plan E 2010, adxudicada por Restauración do Hábitat Caamaño S.L. de Pontecesures, e que tivo un custo de 80.240,35 euros.
Na Casa da Cultura, onde está instalada a bilbioteca municipal, renovouse a cuberta, arranxouse a carpintería das portas e ventás, colocarónse novos canalóns, acondicionouse o espazo do semisoto do edificio que estaba totalmente abondoado, e dotouse ao edifico dunha entrada para discapacitados nunha fachada lateral.
Tamén nesta actuación, empedrouse toda a zona de dominio público a carón da biblioteca e do edificio do club xuvenil onde hai numerosas actividades do concello, ANPA e outros colectivos, arranxouse un muro de contención que estaba danado e colocouse unha varanda de protección.

O goberno local tiña especial interese en mellorar estas instalaciones que son moi usadas polos veciños. Imos seguir coa potenciación da biblioteca e do seu entorno. Por unha banda está prevista a colocación da calefacción no edificio (una das actuacións do módulo de fontanería solar térmica do obradoiro de emprego Pontecesures II) e por outra o axardinado da parte traseira do mesmo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.