A Deputación presentará o domingo o seu proxecto de acceso a internet no rural do Ulla-Umia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O auditorio municipal de Valga é o lugar escollido este domingo, ás doce da mañá, para a presentación á bisbarra do Ulla-Umia do programa Repoblar, a Rede Pontevedra Banda Larga Rural que a Deputación Provincial vén de poñer en marcha en colaboración con varios concellos, entre eles o de Valga. O obxectivo do programa, dotar dun bo acceso a internet os fogares do medio rural pontevedrés.
Coa intención de darlle a maior difusión á iniciativa, a Deputación convocou ao acto os alcaldes dos concellos que integran a comarca: Catoira, Pontecesures, Valga, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. Xunto a eles estarán o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e mais o vicepresidente da área de cultura do ente provincial, José Juan Durán.
A proxección dun vídeo de cinco minutos, e unha breve exposición técnica sobre o funcionamento da rede Repoblar servirán para animar á súa adhesión os rexedores do Ulla-Umia e os veciños da bisbarra que se queiran desprazar ata o lugar, e que terán a oportunidade de preguntar polas súas posibles dúbidas aos técnicos presentes.

LA VOZ DE GALICIA, 17/11/10


5 comentarios

arredemo · 18-11-2010 a las 16:34

e que vai pasar coa inversión feita no pobo nesa magnífica rede wifi que non vai nin a tiros? Lembro: 30.000 euros.

Xitano · 18-11-2010 a las 18:56

30.000�, para que nos entendamos cinco millóns das antiguas pesetas. Eses son cartos públicos ou non? Que cartos máis mal gastados. E o do PP vendendo favores coas claves. O que pasa neste pobo, a wifi que non vai, a alcaldesa de xulgado, porque para eso necesitanse cartos, para pagar os avogados, a xusticia é lenta pero cara, despois estamos en crisis. O que non entendo, aínda o falei hoxe no bar, os veciños conocemonos todos e tamén aos políticos, nunca estamos de acordo con eles, pero despois quén queda, xa o decía Castelao, os dous de sempre.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-11-2010 a las 22:16

O custo da Wifi foi de 40.000 euros (a Deputación puxo 30.000 e o Concello 10.000). Co novo programa este da deputación non sei en que situación queda a compatiblidade dos dous sistemas. Non teño nin idea destes asuntos e haberá que escoitar aos técnicos.

manolo o do bombo · 19-11-2010 a las 10:38

AHORA non tes idea porque foi unha chapuza ,e antes defendias ó endefendiblle que cara dura ,en fin e ó que hai…..

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-11-2010 a las 15:15

Lo que quise decir «manolo o do bombo», es que no tengo idea sobre las características, alcance, coberturas, etc… de los sistemas estos de captación de la señal para Internet, y ahora hay que decidir, con el asesoramiento técnico oportuno, los temas de compatibilidad de los mismos y como queda la situación de nuestra red local. Evidentemente no quedé satisfecho de lo sucedido en cuanto a la instalación y puesta en funcionamiento del Wifi municipal (demoras, averías, poca cobertura, etc…) pero, para nada, me desentiendo de lo ocurrido y tengo mi parte de responsabilidad como es lógico. Bueno, sabemos que este mundo de las nuevas teconologías avanza a pasos agigantados. Vamos a ver como se desarolla esta iniciativa provincial.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.