Angueira acusa ao equipo de Castro de perder unha axuda de 6.000 euros.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O equipo de Goberno de Pontecesures quixo facer públicas as dificultades ás que se enfronta na súa tarefa de organización das diversas áreas municipais, ao atopar, segundo eles mesmos declaran, mostras de descoordinación e abandono das mesmas por parte do Goberno de Marible Castro.
O novo tripartito queixouse dos problemas atopados «para levar a cabo as actividades para os máis pequenos durante o mes de xullo».
Os nacionalistas consideran que faltan fondos para estas actividades que poideron provir de administracións como a Xunta, se se tivera realizado unha xestión tan simple como renovar unha petición de subvención.
«En concreto, a mala xestión levada a cabo nos útimos catro anos nestes asuntos, fixo que se perdera unha subvención de 6.000 euros, da Secretaría Xeral de Igualdade», afirman fontes do Goberno local. «De obter esta axuda, para o que había que actualizar o Plan de Igualdade do Concello, a contía recibida permitiría cubrir as necesidades con contacontos, títeres e obradoiros de manualidades», sinalan.
Os nacionalistas non aclaran se ao final os cativos poderán contar con programa para o verán ou non, ou se hai algunha outra forma de sacar adiante a programación. Ademais, abundan que a falta de renovación do plan de igualdade tamén traerá consecuencias nesa área de Goberno: «Esta mala xestión non só impide recibir esta subvención senón todas as demais axudas no ámbito da igualdade», ratifican.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/06/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.