Satisfacción na ACP pola adxudicación de dúas obras de Medio Rural en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con gran satisfacción recibe a Agrupación Cidadá de Pontecesures a nova da adxudicación de dúas obras do Plan Emerxencias 2011, 2ª Fase (denominado anteriormente Plan de Infraestruturas Rurais, PIR) da Consellería do Medio Rural no termo de Pontecesures. O prezo de adxudicación foi de 39.800 euros e a empresa adxudicataria é Construcciones y Canalizaciones Salnés (CCS) de Cambados.

Ás actuacións son as seguintes:

-?Saneamento e pavimentación na rúa Mimosas de San Xulián?. Vanse colocar novas tubarías de alcantarillado e de auga nun tramo de 115 metros lineais desta rúa con acometidas dos dous servizos para 6 vivendas. Posteriormente quedará pavimentada este treito da rúa, que se atopa en moi malas condicións polas contínuas avarías nos servizos.

??Pavimentación no Camiño de Acebedos de San Xulián?. Vaise pavimentar un espazo cedido por un particular neste vial en 65 metros de lonxitude. Previamente, vaise colocar unha tubaría de auga para abastecer a fonte que se ten previsto instalar na zona de esparcemento recentemente construída nesta zona.

A solicitude e a xestión para que fora decidida a execución destas obras foi realizada polo goberno anterior no último trimestre de 2010 e no primeiro de 2011. En varias ocasión foi solicitada a inclusión de Pontecesures como municipio incluido no PIR 2011 ao advertir que foramos excluídos da primeira fase (incluso instamos a mediación do Xefe Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís). Logrouse así a inclusión e foron redactados os proxectos por parte da consellería.

En vinte días está previsto que comecen as obras.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.