Caldas e Cesures, dúas vilas conmocionadas pola morte da sardiña e a lamprea do Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os veciños dos dous municipios botáronse as rúas para despedir con tristura aos seus peixes máis queridos.

O de onte foi un mal día para as especies piscícolas da comarca. Non chegaba coa tráxica morte da sardiña en Caldas, que trascendeu tamén o falecemento da lamprea do Ulla, veciña de Pontecesures. A súa perda conmocionou ambas vilas e provocou que os seus cidadáns se botasen á rúa para despedilas como manda o Entroido, con moita troula, pero tamén con tristura, loito e bágoas. Os velorios polos malogrados peixes foron do máis dramático. En Caldas habilitaron o Auditorio para a capela ardente e ata o Centro de Saúde pouxo en marcha un servizo especial para atender ás histéricas viúvas. En Pontecesures o drama non foi menos. Optaron por o lugar máis céntrico, a Prazuela, na que se congregaron o párroco e os sufrintes pais da criatura, Don Carnal e Dona Cuaresma, sen poder ocultar a súa pena. Non faltaron tampouco as irmáns da finada, as demais lampreas do Ulla ­aínda que este ano van escasas­; e as súas curmáns, as lampreas do Miño. A que non no se veu polo pobo foi á familia política da defunta, as lampreas de Francia, das que non se soubo ren. O cortexo fúnebre chegou ata Porto para voltar polas Rúas Deputación e San Lois ata o peirao, onde foron incinerados os restos da lamprea. Alí, ao lado das augas que a viron nacer, as do río Ulla.

DIARIO DE AROUSA, 23/02/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.