Visita de alumnos/as do CPI de Pontecesures á exposición «De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz».

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

47 estudantes visitan este venres a exposición fotográfica que acolle o concello de Pontecesures

Agareso impartirá dúas charlas por grupos para explicarlles como se vive nos campos de refuxiados de Alxeria

Alumnos e alumnas do centro de ensinanza secundaria de Pontecesures acudirán este venres 2 de marzo a visitar a exposición fotográfica ??De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz? que mostra a historia en imaxes de Salama e Jadidja, un neno e unha nena saharauís que forman parte do programa de Vacacións en Paz que trae cada verán a Sanxenxo a rapaces e rapazas que viven e crecen nos campos de refuxiados de Alxeria. A mostra fotográfica e o documental, elaborado por a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) reflexa a súa experiencia estival en España e a súa vida cotiá no deserto.

O fotógrafo Pelu Vidal, xunto coas xornalistas Natalia Puga e Lara Varela, e o cámara Suso Lago, baixo a coordinación de Laura López, realizaron este proxecto de sensibilización no 2008 que tivo como un dos seus resultados a exposición fotográfica «De Sanxenxo ao Sáhara: Vacacións en Paz», que, tras inaugurarse o pasado 16 de febreiro, agora se compartirá con estudantes de 1º e 2º de ESO do municipio para que teñan unha un achegamento á realidade dos nenos e nenas que viven no Sáhara.

A voluntaria Natalia Puga será a encargada de impartir as charlas e de responder ás preguntas do alumnado. A visita á exposición realizarase en dous grupos, un de 21 rapaces e outro de 26, para facilitar a súa asimilación e o debate entre os asistentes. Este tipo de actividades forman parte do traballo de sensibilización que realiza a ONGD Agareso en Galicia e que busca que os e as escolares teñan máis e mellores coñecementos das realidades dos países do Sur, ao mesmo tempo que se fomentan valores como a igualdade, a solidariedade e a tolerancia.

Un dos primeiro proxectos da ONGD

No verán do ano 2008, este equipo de reporteiros de Agareso seguiu a estancia dos dous nenos saharauís en Sanxenxo, xunto coa súa familia galega,  e acompañounos no seu regreso á casa despois de pasar dous meses na nosa terra. O programa Vacacións en Paz, operativo desde hai 18 anos, permite dar unha tregua aos máis pequenos durante os meses estivais, cando as temperaturas no deserto roldan os 50 graos.

España é un dos destinos preferente de miles de nenos que reciben así a aperta dun país onde as vacinas, os medicamentos, a tecnoloxía, os alimentos e a auga forman parte da vida cotiá, pero que na súa realidade as veces escasean. Ás atención médicas que reciben, se suman o sentimento das familias de acollida, que acaban integrando a estes nenos e nenas como un máis da súa casa. Este proceso non só é beneficioso para os saharauís, senón que os nosos propios nenos e nenas aprenden con estes programas que hai outras formas de vivir e outras culturas diferentes, e que os unen moitas máis cousas das que os separan.

A selección de imaxes desta exposición pretende mostrar a experiencia de dous nenos, Salama e Jadidja. A través da serenidade de Salama e a espontaneidade de Jadidja, os reporteiros transmitiron á sociedade o día a día dos saharauís e mostraron que as diferenzas entre un neno e unha nena de Galicia e outro do Sáhara son máis ben superficiais, e que tanto alí como aquí o cariño da súas familias e a capacidade para aprender e divertirse son común a todos.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.