Aberto o prazo de matrícula na Gardería Municipal.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O prazo de matrícula na Escola Infantil Municipal está aberto do 1 ao 15 de xuño

Na web do  Concello www.pontecesures.org poden descargarse os formularios da matrícula.

O día 1 de xuño abriu o prazo de Matrícula para o Curso 2012/2013 que comezará o 3 de setembro que deberán formalizar tanto os alumnos e alumnas da EIM coma os de novo ingreso. Durante este período tamén poderán formularse novas solicitudes de praza ata cubrir as 10 vacantes dispoñibles.

Os alumnos e alumnas da EIM ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011 e un Certificado de Convivencia actual ademais da documentación acreditativa de variacións se as houber (separación/divorcio, nacemento de novos fillos, cambio de enderezo, etc).

No caso das e dos novos alumnos ademais do formulario deberá presentar as Declaracións do IRPF 2011, a tarxeta sanitaria do/a neno/a, un Informe médico, o Libro de saúde infantil, seis (6) fotografías tamaño carné, o impreso de domiciliación bancaria e a autorización para recoller ao neno/a na EIM, e o xustificante bancario de ter abonado o importe da matrícula (20�).

Para máis información  e presentar a documentación poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas (tel. 986564409)

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.