A Deputación vai contratar seis operarios para traballar no Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

De novo a Deputación de Pontevedra vai contratar persoal desempregado para os concellos. Nesta ocasión serán seis operarios de servizos para traballar en Pontecesures por seis meses a partir do vindeiro día 1 de outubro con contrato a tempo parcial por 25 horas semanais.
Lémbrase que a selección do persoal e a contratación correspóndelle a Deputación e para iso dende a oficina de emprego de Vilagarcía vai ser remitida ao organismo provincial unha lista de desempregados preseleccionados (inflúe antigüidade no paro, ocupacións, etc..) logo de presentarse a oferta de emprego.
Ao parecer, a mediados deste mes terá lugar a entrevista en Pontevedra por parte da Deputación aos preseleccionados para decidir os seis que se contratan.
Os interesados deben contrastar e actualizar con celeridade, no seu caso, os seus datos na oficina de emprego de Vilagarcía.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.