Contestación ó Sr Sabariz polo reloxio da igrexa.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Xa está ben de que vostede intente enganar á xente coa sua demagoxia e coas súas medias verdades.

Acúsanos de liarnos en canto a  titularidad do ben, coa casa comercial que instalou o reloxio, que non falamos co párroco e que non informamos sobre o coste da reparación.

Todo iso é mentira. Non temos ningún lío coa titularidade do ben xa que coma este señor dí, sí foi adquirido polo concello pero no seu día foi doado á parroquia, polo que claramente a titularidade é da igrexia. Como ben sabe o sr Sabariz o reloxo non está no inventario municipal de bens.

O problema que temos coa casa comercial (de Vigo), que instalou o reloxio, ben motivado pola deixadez do propio sr Sabariz que non se preocupou de que cando se comprou pedirlle ó comercio o libro de instruccións e o código de acceso ó equipo informático que regula o funcionamento. O que si ten claro este equipo de goberno é de non aceptar a chantaxe de que sempre que hai unha averia teña que ser a empresa de Vigo quen teña que solucionalo xa que isto dispara os custes do arranxo.

Por último segue vostede mentindo cando dí que non se falou co párroco. Sí se falou con el, e acordamos a colaboración do concello en facer todas as xestións coa empresa de Vigo para reclamarlle tanto  o código de acceso coma o libro de instruccións cousa que debería ter feito vostede xa no ano 1999 ou ben durante os máis de 10 anos que estivo no equipo de goberno.

Polo tanto esa acusación de abandono e de deixadez do equipo de goberno debería reclamarlla a ¡VOSTEDE MESMO!

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.