Acondicionamento do cemiterio municipal de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O persoal do Servizo de Obras do Concello de Pontecesures xa comezou as tarefas de mantemento e limpeza do cemiterio municipal de Condide co obxectivo de que os vecinos e veciñas o atopen nas mellores condicións de cara a vindeira festividade de Todos os Santos.

Os traballos consisten, básicamente, no desbroce dos xardíns que decoran o camposanto, e a  limpeza en xeral, evitando así a acumulación de vexetación e dando unha visión de limpeza a quen visite este lugar nos próximos días.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures está a preparar un operativo coa presenza da Policía Local e de Voluntarios de Protección Civil pola mañá e pola tarde ante a habitual  afluencia de xente aos camposantos de Condide e San Xulián no día de Todos os Santos.

 

 


1 comentario

Cara de cona · 26-10-2012 a las 18:46

Aleluya…….hai que ter cara para anunciar esto……..todo o ano cheo de merda e de herbas de metros………os mortos non protestan pero os vivos si…..hai quen tuvo que ir a limpar o frente da sepultura dun familiar…….cun fouciño…..idelle….idelle pedir o voto…………que santa compaña de gobernantes……..jo…o…jo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.