Manipulación na nota do alcalde sobre o Canon da Auga para que a suba da taxa municipal se confunda coa suba do canon.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado día 24 de outubro a ACP solicitou ao goberno local que divulgase información sobre o novo Canon da Auga, que entrou en vigor o 1 de xullo, sobre todo para que as vivendas onde vivan máis de tes veciños tramitasen a solicitude para beneficiarse de maiores volumes de auga nos tramos máis económicos.

Case un mes despois da petición e cando moitos veciños demandaban información pois esta cuestión comentase na rúa dende hai tempo, quedamos sorprendidos ao coñecer o escrito enviado polo alcalde aos veciños pois ademáis das explicacións do novo canon sinálase polo presidente da corporación «que ten interese en que os veciños vexan que a variación que experiementa o recibo non é consecuencia de ningún incremento nin nova taxa aplicada polo Concello de Pontecesures», cando isto non é certo porque ademais da suba polo canon, hai outra suba que o alcalde non cita que é a suba da taxa da auga aprobada inicialmente polo pleno cos votos do goberno local o día 19 de novembro. Nova taxa municipal non hai, obviamente, pero suba da vixente, por suposto.

O data do escrito do alcalde é a do 21 de novembro dous días despois da aprobación da suba e, intencionadamente, informa do canon da Xunta pero non dos novos prezos da auga fixados polo concello. Sempre botándolle a culpa aos demais de todo dicindo que os que suben as cotas son as outras administracións. Das subas do concello, caladiño.

Quere o alcalde que cando no primeiro trimestre de 2013 veñan os novos prezos nos recibos da auga coas subas a culpa a leve unicamente a Xunta e que iso cale entre a veciñanza. Por enriba, distribúese a nota sesgada por correo a cada vivenda e o gasto de franquicia da carta cúbrese con cartos do concello que pagamos todos.

Pois os veciños teñen que saber as tarifas actuais e as que van rexer en 2013:

Ata o de agora as cotas son as seguintes:

Usos domésticos
Mínimo 10 m3/mes, a 0,174294 euros cada m3.
Excesos a 0.198334 euros cada m3 que exceda do mínimo.

Usos comerciais
Mínimo 20 m3/mes, a 0,180304 euros cada m3.
Excesos a 0,2103554 euros cada m3 que exceda do mínimo.

Usos industriais.
Mínimo 40 m3/mes, a 0,210354 euros cada m3.
Excesos a 0,228385 euros cada m3 que exceda do mínimo.

Usos especiais: Obras
Mínimo 60 m3/mes, a 0,210354 euros cada m3.
Excesos a 0,240405 cada m3 que exceda do mínimo.

Dereitos de conexión á rede.
Usos domésticos 90,15 euros.
Usos comerciais e industriais 120,20 euros.

Acordouse a modificación da ordenanza fiscal con entrada en vigor das novas cotas para 2013. No novo cadro de tarifas considérase uso doméstico o consumo para dito fin; os usos asimilados aos domésticos comprenden consumos que nas tarifas anteriores sinalábanse como de uso comercial, uso industrial (con consumo inferior a 2000 m3 ano) e uso para obras, e uso non doméstico comprende os consumos superiores a 2.000 m3/ano.

A táboa de tarifas acordada é a seguinte:

Doméstica.
Cota fixa 2,15 euros/mes
Consumo, ata 30 m3 por trimestre. 0 euros.
Máis de 30 m3/trimestre. A 0,25 euros por cada m3 de exceso.
Dereitos de acometida 125 euros

Asimilados a domésticos.
Cota fixa 5,80 euros/mes.
Consumo, ata 30 m3 por trimestre. 0,25 euros/m3 por cada un deses primeiros 30 m3
Máis de 31 m3/trimestre a 0,29 euros por m3.
Dereitos de acometida 155 euros.

Non Domésticos (Volume).
Cota fixa 10 euros/mes.
Consumo, a 0,28 euros por cada m3 consumido.

Isto é o que non explica o alcalde no escrito. Por suposto cando se traten as reclamacións presentadas contra a aprobación inicial no pleno debatiremos estes temas.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.