Ridículo do goberno local de Pontecesures: Tentouse unha suba de taxas con efectos 01/01/13 cando non era posible.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sen buscar consensos, dando moi pouco tempo para o seu estudo, e provocando un enfado importante na veciñanza, o goberno local de Pontecesures aprobou inicialmente, cos seus votos no pleno que tivo lugar na mañá do 19/11/12, a suba das taxas da auga do sumidoiro e dos cemiteiros para entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

Como dispón a normativa o acordo foi exposto no Boletín Oficial da Provincia por 30 días hábiles a efectos de reclamacións. En concreto a publicación foi o 21/11/12 e ata este día foron presentadas tres dos grupos políticos da oposición (PP, ACP e IP) baseadas fundamentalmente en que coa maior recadación do IBI Urbana xa é suficiente para non subir máis tributos nestes tempos de crise cando ademais temos 3 concelleiros con dedicación no goberno municipal, e 320 de veciños de Pontecesures que coa súa sinatura apoiaron un texto de reclamación no que se expón que as economías familiares e as dos establecementos non poden soportar máis subas de tributos na actualidade.

Estas reclamacións teñen que ser debatidas polo pleno para aprobar definitivamente a modificación da ordenanza, coas subas, ou deixala sen efecto como se solicita nas propias reclamacións.

Pero resulta que o prazo de presentación de reclamaciones aínda remata o sábado 29 de decembro e como a lei esixe que para entrar en vigor as ordenanzas, ou as súas modificacións, deben ser publicadas antes no Boletín Oficial da Provincia e este periódico oficial non se publica nin o 30 nin o 31 de decembro, pois non se convocou o pleno para aprobar ou non definitivamente a modificación das ordenanzas e as subas non entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2013, tendo en conta que, por exemplo, a taxa de sumidoiros e a do cemiterio son anuais, dende o punto de vista do devengo, coa estrutura actual da ordenanza.

En fin; que no colmo da inoperancia temos un goberno que convocou un pleno inútil na mañá do 19 de novembro, ocasionou un gasto innecesario pois hai que pagar a indemnización por asistencia dos concelleiros a dita sesión, provocou o enfado na rúa dos contribuíntes polo intento de suba, alterou o labor dos traballadores da institución coa elaboración de expedientes absurdos non decatándose que era imposible que entraran en vigor as ordenanzas o primeiro de xaneiro próximo contando os 30 días hábiles de exposición pública.

Resulta incrible que ocorran estas situacións ridículas con tres concelleiros do goberno local cobrando unha dedicación exclusiva. Celebramos a boa nova para as economías familliares de que a suba das taxas non entre en vigor de momento, pero a imaxe de falla de seriedade que da a institución é realmente triste.

Imos ver con que nos sorprende agora o goberno local nesta materia tibutaria porque a improvisación e a falla de información están á orde do día.

Pontecesures, 28/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Pontecesures


14 comentarios

Cara de cona · 29-12-2012 a las 19:16

Que vergoña!….o Souto o Roque e a de Tarela cobrando….e non controlan nada…..nin os dias no almanaque……esto e para unha patada no cú……anda carallo……claro para estes habiles….o que se di habiles…..hai poucos días…hai mais de vacacions para eles……hai que decirlle a don Arturo que lle mande un calendario…….de aqueles que facia a iglesia antes……Souto atende….que o dia da constitucion solo foi habil en Cataluña……….polo da independencia coño…ali non o contan…..en cesures si…… estes xa nin contar saben……….jo…jo…jo….

piris · 30-12-2012 a las 19:57

Moi bo o de » alterou o labor dos traballadores da institución…». Terá algo que ver esta frase con eses comentarios que andan por aí que din que a Secretaria do Concello botou do seu despacho a un concelleiro da oposición porque non deixa de molestar e impide coas súas » lideiras» o traballo dos funcionarios?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-12-2012 a las 21:20

Non xustifiques o inxustificable, «piris» xa que o ridículo é espantoso, ¿A quén se lle ocurre convocar un pleno inútil cando por cuestións de prazos os acordos non van entrar an vigor?. Incrible nun goberno no que cobran tres concelleiros.
Mira que leva anos a actual secretaria no noso concello. Pois, «piris» non me consta que nunca botara a ninguén do despacho. Non inventes.

piris · 4-01-2013 a las 14:27

Confirmación do meu comantario anterior: Un concelleiro da oposición foi botado do despacho da Secretaria do Concello por andar amolando. Pode ser que a señora está ata o gorro. Tarde, pero confirmado. Aquí NON SE INVENTA, CONFÍRMASE.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-01-2013 a las 15:27

Confirmado con la interesada en persona: La secretaria jamás, en los muchos años que lleva en el ayuntamiento, echó a nadie de su despacho.

Consecuencia: «Piris» continúa inventando.

Mejor solución para aclarar esto: Que quedemos «piris» y yo a una hora en el despacho de la secretaria y allí ella nos diga (en un par de minutos para no interrumpir su trabajo) lo que considere oportuno en cuanto a este tema.

Espero entonces la llamada de «piris» y la fijación de día y hora por su parte para ir al consistorio. Mi teléfono lo tiene en las oficinas municipales.

Princo · 5-01-2013 a las 22:51

Do tema en concreto non podo opinar, pero sí sei ben certo que non é a primeira vez que obstaculizas a labor do concello, por calquer medio(pedindo todo tipo de papeis, e facendo perder o tempo á xente)

Ah, e que vicio ten este home de querer quedar con todo o mundo… será que quere que alguén o invite a un café jaja

piris · 10-01-2013 a las 15:28

Á volta de vacacións leo que me fan unha proposta: Un encontro coa INTERESADA….. Pero que interesada?. Vaia xeito máis infantil e ridículo de desviar o tema cara a outra persoa!. Aquí non hai interesada. Aquí o que hai é un INTERESADO: un concelleiro do oposición expulsado do despacho da Secretaria por molestar. Un concelleiro que confunde o labor de oposición (pola que cobra cos impostos de todos os cesureños), co papel de Pepito Grillo que quere repicar e andar na procesión.
E como eu NON invento nada, vou dar un novo dato: A expulsión partiu dunha conversación-discusión sobre os presupostos municipais. (Dende as escaleiras óese todo).

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-01-2013 a las 16:29

Maís doado, «piris»: Vai ti só ao despacho da secretaria e pregúntalle o sucedido. Esta funcionaria nunca botou a ninguén do despacho.

Curioso o de que cobro na oposición dos impostos dos cesureños. ¿Sabes o que me corresponde polo labor dos últimos seis meses de 2013? Pois 98 euros en total (100 euros menos 2 euros por retención IRPF) pola asistencia aos cinco plenos que que celebraron nestes meses. Esta cifra ademais teño que incorporala como ingreso á declaración da renda polo que quedará nuns 75 euros polo labor no semestre. Reitero: os 98 euros non son cada mes, son polos seis meses.

Que ganas tes de desacreditar, de terxiversar as cousas. Os que cobran unha retribución mensual son os tres tenentes de alcalde en dedicación exclusiva e iso é o que critica moita xente. Non confundas.

Princo · 10-01-2013 a las 23:36

Qué gran desvio de tema Saba jajajaja
Dalle piris, non dubides en sacar mais datos

piris · 11-01-2013 a las 23:53

Debe ser bastante aburrido, por non dicir outra cousa, estar día e noite pendentes da computadora para responder aos meus dous últimos comentarios no prazo DUNHA hora. (Compárese horario dos comentarios 4-5 e 7-8). Se temos en conta que tardei 6 días en contestar, a espera puido ser………….(Pero, por se algún ten que recuperar o sono perdido nestes días, anuncio que ata que remate a quenda de noite no traballo non volverei por aquí ).
Como me parece que agora algún quere esquecer o tema da expulsión do despacho (só lle dedica tres liñas escasiñas na resposta) e desviarnos ao tema dos cuartos, pois alá imos: Empezarei dicindo que queda demostrado que EU NON INVENTO NIN MINTO e cando digo que se cobra, é que se cobra. Pouco?, Moito?. Bueno, eso depende da eficiencia no traballo. Ademais noventa e oito euriños limpos de po e palla non están nada mal nos tempos que corren, e imaxínome a cantidade de convites a café que se poden facer con esa pasta. (Confeso que deste tema deben de ter máis información ca min outras persoas que escribiron antes)
En canto á expulsión do despacho, reafírmome nas miñas afirmacións. E aí vai unha pregunta relacionada co tema: Puidéronse impugnar os presupuestos municipais?………….Imos refrescando memoria?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-01-2013 a las 15:47

Chamarlle cobrar a percibir 98 euros nun semestre (é non libres de po e palla, senón para incluílos como renda na declaración), é un pouco forte, «piris». Reitéroche: os que cobran un salario todos os meses son os tres tenentes de alcalde que están en exclusiva. Iso sí que é criticado.

Voltas co do despacho. Fala coa funcionaria e deixa de inventar sobre expulsións.

Cara de cona · 14-01-2013 a las 16:18

Pero ainda con esto?……o Saba sacavos de quicio….e un rompecollons…….pero ataca…..critica….mete leña…….temos un goberno espantoso…,…..en caida……este bochorno de contar mal os dias…….foi o colmo…inutiles!…….os de antes…Oscar Gerpe……..Luis o muiñeiro….Suso Rey…..Canducho o do muelle…..moito mellores…hasta Baliñas ou Randulfo carallo….jo…jo…jo….

luis regaliz · 16-01-2013 a las 20:05

pero que conteste xa e deixe de dar voltas, que levo días esperando a resposta á pregunta do Piris…

piris · 20-01-2013 a las 18:46

Despois dunha semana de quenda de noite volvo ao ordenador e vexo que luís regalíz está interesado en que se lle responda á pregunta que fixen no meu anterior comentario.
Podo afirmar que un concelleiro da oposición veu a dicir que os presupostos se aprobaran porque el quixera. Isto paréceme grave, porque se existía algunha posibilidade de ser impugnados é porque había algo que era irregular. E se había algo irregular por que non se impugnaron?.
Resumindo, só hai dúas posibilidades: Se os presupostos non contiñan irregularidades, podemos pensar que o concelleiro da oposición é un faroleiro e un lingoreteiro que minte máis que fala; pero se en verdade contiñan algunha irregularidade o tema é máis grave, xa que o devandito concelleiro incumpriu coa súa obriga de denunciar unha irregularidade e exercer a tarefa de oposición que lle encomendaron os cidadáns que el di defender. (Persoalmente inclínome pola primeira posibilidade).

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.