A Deputación de Pontevedra vai subvencionar a contratación de 12 peóns por parte dos concellos da provincia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dentro do Plan Provincial de Emprego 2013 a Deputación vai subvencionar a contratación en cada concello da provincia de 12 traballadores por 6 meses (deben comezar como máximo o 1 de xuño de 2013) con contrato a tempo parcial por 25 horas á semana.

O subvención equivale ao salario mínimo interprofesional para unha xornada laboral de 25 horas semanais/traballador, 502,15 euros, e tamén á cota patronal, 264,23 euros/mes/traballador o que fai un total mensual de 766,38 euros. Deste xeito a subvención total é de 766,38 euros x 6 meses x 12 traballadores = 55.179,36 euros.

Hai importantes variacións en relación cos plan provinciais de emprego da Deputación. A diferenza doutros plans provinciais anteriores, neste ano a SELECCI?N DO PERSOAL E A CONTRATACI?N DO MESMO SERÁ REALIZADA POLOS CONCELLOS E NON POLA DEPUTACI?N COMO ANTES. Ademais, a diferenza dos anos anteriores, os desempregados, inscritos nos Servicios Públicos de Emprego, NON PODEN ESTAR A PERCIBIR PRESTACI?N ALGUNHA.

O Concello de Pontecesures debe presentar a solicitude para obter a subvención antes do 16 de abril (detallando cantos peóns deben ser de limpeza, construción, en xeral, etc…) e unha vez concedida debe realizar unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa para que dende alí envíen unha lista de desempregados aspirantes ao concello segundo a sondaxe correspondente. Van envíar un número de aspirantes por cada praza, pero LOGO A SELECCI?N DEFINITIVA DEBE FACELA O CONCELLO DE PONTECESURES.

Dende este medio informamos aos aspirantes desempregados que comproben que estean debidamente inscritos na Oficina de Emprego de Vilagarcía e cos datos actualizados, para poder aspirar a ocupar estes postos. Tamén é importante que se informen no concello pola tipoloxía de peóns ou operarios que solicita a institución.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.