Nota da oposición municipal de Pontecesures sobre a contestación de Cecilia Tarela.

Publicado por Redacción en

Os voceiros da oposición non formularon acusación algunha contra a concelleira Cecilia Tarela. As graves acusacións de que a concelleira tratou de impoñer unha directora elixida por ela á anterior empresa adxudicataria foron formuladas durante a vista do xuizo por despido celebrado o xoves no Xulgado do Social de Pontevedra pola representación da parte denunciante, segundo aparece reflectido nun medio de comunicación o sábado 15 de marzo que reproduce manifestacións literais de dita parte.

No día de onte, os voceiros da oposición, preocupados por este grave feito e pola imaxe da institución, sen entrar no fondo do asunto do xuizo de despido, solicitaron unha explicación da representante municipal sobre a veracidade ou non das afirmacións realizadas pola parte denunciante.

Xa coñecemos a resposta de Cecilia Tarela que afirma que as acusacións son falsas. Pois ben; o que pode facer entón a concelleira  é denunciar ás persoas  que lle fixeron tan graves imputacións en sede xudicial e non arremeter contra a oposición. As probas, en todo caso, deberá solicitarllelas a eles.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.