AGE pide que se suavicen as normas de venda de lamprea para non perxudicar aos valeiros.

Publicado por Redacción en

A nova normativa de venda de lamprea, que prohíbe a comercialización directa deste peixe sen pasar previamente pola lonxa ou por un punto de venda autorizado, foi debatida onte na Comisión de Pesca do Parlamento autonómico a raíz dunha pregunta de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).
O deputado Juan Fajardo advertiu ao secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, dos perxuízos que estas normas suporán para os valeiros, ??afeitos a unhas peculiaridades e mercado alleos ao que se pretende regular?. A preocupación é grande no sector, e así o transmitiron os propios pescadores cesureños, que sopesan incluso deixar de capturar lamprea o vindeiro ano, xa que estiman que  a actividade non lles será rendible. Así o puxo de manifesto Fajardo na súa intepelación na comisión parlamentaria, acusando á Consellería do Mar de ??tratar de favorecer unha vez mais ao sector dos intermediarios? e de moverse por ??un afán recadatorio esquecendo as peculiaridades da venda? da lamprea, que ??en moitos casos redúcese a unha ou dúas unidades por cliente?, un sistema que ??se faría imposible mediante o modelo plantexado? polo goberno galego.
O parlamentario de AGE pideu a Maneiro que entable ??unha negociación cos afectados? para ??suavizar algúns dos requisitos? da citada normativa, que obriga tamén a crear e rexistrar centros de recollida para manter vivas as lampreas unha vez capturadas. Ademais, insta á Consellería a habilitar en Pontecesures un punto de venda autorizado.

«Descontrol»
Juan Maneiro replicou que as novas normas buscan ??poñer fin a unha situación de claro descontrol? no relativo ao desembarco, transporte e primeira venda desta especie, de xeito que se poña ??en igualdade de condicións a pesqueira da lamprea co resto da actividade dos profesionais da pesca en canto á comercialización dos seus produtos?. O secretario xeral do Mar apelou ás ??vantaxes? desta regulación, tales como ??a posibilidade de promoción do produto, a defensa da orixe no etiquetado? ou ??a posibilidade de iniciar procesos de rexistro de marcas de calidade diferenciadas para evitar a competencia desleal foránea?.

Diario de Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.