Este xoves 4 de decembro a orquestra EL COMBO DOMINICANO estará no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

el combo dominicano 2014
A orquestra El Combo Dominicano de Las Palmas de Gran Canaria, formación que nos dous últimos anos convertiuse na orquestra que máis público leva os campos das festas da provincia da Coruña, fará unha parada este xoves á noite, día de Santa Bárbara, no programa decano das orquestras de Galicia «Palco de Estrelas», presentado e dirixido por Daniel Seijas. A orquestra ven aproveitar esta fin de semana, con ponte festiva, para facer unha minixira en Galicia na que estará, entre outros sitios, o venres 5 de decembro compartindo escenario coa nova Jerusalen na festa 35 aniversario de Chanteclair,ademais de ir ó domingo ó Closing Tour no recinto feira Semana Verde en Silleda.
O programa que comezará as 20h e acabara sobre as 5 da madrugada,ou cando lle cadre, terá coma sempre as seccións habituais e seguirá repartindo entradas para ir ó Closing Tour e os ointes poderán seguir votando para escoller a que consideran a mellor orquestra galega e seus os mellores cantantes 2014.

Escoitanos tamén por internet dos seguintes xeitos :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/

ou no teu móbil descargada algunha destas 4 app´s : radios.net , tunein ou radiovalga ou radio.es


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.