Nota íntegra da ACP Pontecesures sobre a Variante da N-550

Publicado por Redacción en

Con data 14/01/15 solicitouse ao goberno local que convocase a todos os concelleiros para tratar entre todos, cos técnicos municipais presentes, do contido do informe oficial completo que debía remitir o noso concello e que está previsto no artigo 10 da Lei 25/1988, de 29 de diciembre de Estradas coas aportacións consensuadas por todos, do trámite de aprobación de dito informe no concello e dos pasos legais seguintes a realizar por parte da corporación.

Reitérabase que todos os membros da corporación debíamos ir da man nun asunto tan importante como a oposición razonada ao trazado proposto da Variante Padrón/Pontecesures/Valga da N-550.

Pois o goberno local parece que non quere que vaiamos da man, pois a semana pasada enviou o informe en cuestión ao Ministerio de Fomento facendo caso omiso da petición da ACP, pois nin convocou a reunión nin tratou para nada do contido do informe cos membros da oposición.

Tampouco fomos informados para nada da reunión mantida co «Director General de Carreteras» en Madrid o 25 de xaneiro por parte do alcalde e da concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, sobre o tema da variante. Só coñecemos unas sorprendentes manifestacións na prensa desta última pois, despois de estudar agora o ministerio a posibilidade de optar pola alternativa 1 que vai por enriba da AP-9 no que atinxe a Pontecesures rexeitando a alternativa 4 que ninguén quere, a Sra. Tarela pasa a emitir xuizos sobre o paso da variante logo polo municipo veciño de Valga e sobre a posibilidade de que este último conte ou non cun equipamento determinado preto da alternativa que se está a estudar en dito municipio. Resulta insólito que os representantes de Pontecesures vaian a reunión de Madrid a opinar sobre equipamentos e infraestruras do muncipio veciño en relación coa variante.

A ACP considera que o goberno municipal debe convocar urxentemente outra xuntanza cos veciños e cos integrantes da oposición, como a que se fixo o día 22 de xaneiro pasado, para informar ao detalle da reunión do día 25 en Madrid e do informe oficial presentado no trámite de alegacións.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.