Noite na biblioteca 2015.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

noite-na-biblioteca-2015web

Tras a positiva experiencia de anos anteriores, volve a Noite na Biblioteca de Pontecesures. De novo, a Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 10 anos do concello a pasar unha noite distinta, animando aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 21:30 da noite do sábado 25 ata as 9:30 do domingo 26 de abril, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde, tendo preferencia os rapaces e rapazas que non disfrutaran desta experiencia o ano pasado.

Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia e a Churrería Sandra na mañán do domingo, e o establecemento Belbellita tamén súmase a colaborar no evento obsequiando a cada un dos participantes cun agasallo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.